Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Comeza o proceso de contratación para construír a Casa das Linguas de Augas Férreas


# Mércores, 21/03/2007
Aprobado o proxecto de expropiación para o desdobramento da Avenida de Madrid

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a apertura do proceso de contratación das obras para a construcción da primeira Casa das Linguas coa que contará a cidade de Lugo e que estará situada na Estrada da Granxa, na zona de Augas Férreas.

Así o anunciou hoxe a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, que foi a encargada de dar conta dos asuntos tratados nesta xuntanza. Fixo referencia a Concelleira a este proxecto como "a terceira filla do Alcalde" polo interese demostrado polo primeiro edil por este proxecto, que foi xestado directamente por el.

A Casa das Linguas será un lugar de esparcemento para os rapaces e adolescentes de Lugo. Terá a peculiaridade de que en todas as actividades dentro do recinto só se utilizarán dous idiomas para comunicarse, o inglés e o francés.

Este proxecto ten un orzamento de 212.637 euros e un prazo de execución de 5 meses. As obras realizaranse en función a un proxecto elaborado polo arquitecto Santiago Catalán e que pode consultarse na web municipal, www.lugo.es.

Ademais, a Xunta de Goberno Local aprobou tamén, tal e como anunciara o Concelleiro de Urbanismo, o proxecto de expropiación para o desdobramento da avenida de Madrid entre Augas Férreas e a Tolda. As expropiacións, que tras acordo co Concello, serán sufragadas polo Ministerio de Fomento, acadarán os 2.200.000 euros.

O proxecto comprende 11.000 metros cadrados na marxe dereita da avenida acollendo 35 parcelas de solo urbano non consolidado situado dentro do plan especial do Campus.

Unha vez que o Concello ten aprobado o proxecto, o procedemento exporase ao público no prazo dun mes publicarase no Diario Oficial de Galicia.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova