Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Última reunión dos grupos de traballo do Plan Estratéxico


# Mércores, 21/03/2007
Os responsables da liña de traballo número dous centraranse nos sete proxectos non iniciados

O Salón de Plenos do Concello de Lugo acolle mañá, xoves, a última reunión dos membros do Plan Estratéxico da cidade con responsables do equipo de goberno.

O día 1 deron comezo o ciclo de reunións con cada un dos catro grupos de traballo coa intención de debater sobre os proxectos non iniciados que non poden comezarse, son inviables, ou non poderán culminarse no prazo de actuación do plan, previsto para catro anos.

A reunión de mañá será cos membros da liña 2, que agrupa as aportacións en materia de servizos ás persoas e espazos públicos e que está presidida por Carlos Herrero Latorre. Será o Alcalde, José López Orozco, o que manteña este encontro.

Neste grupo quedan sete accións aínda sen comezar, que serán debatidas novamente. A creación da certificación medio ambiental para empresas que respectan o medio ambiente e impulsar a adhesión de Lugo aos programas de certificación forestal son algunhas destas medidas.

No plano de dotacións, figura a construcción do circuíto galego de velocidade e un museo arqueolóxico, ademais de dinamizar e potenciar os xa existentes creando un circuíto. Neste mesmo particular, establecen a creación dun museo da romanización mediante un concurso internacional de ideas e o impuso dun pxoecto de museo de ciencia, texnoloxía e industria con especial atención ao sector agroalimentario.

Estas reunións de achegamento de posturas rematan polo momento á espera da realización dun informe que sintetice a toma de decisións sobre a marcha do plan.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova