Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

As obras de expropiación e urbanización para desdoblar a Avenida de Madrid ata a Tolda comezarán este ano


# Luns, 19/03/2007
O Concello acordou con Fomento que sexa este Ministerio quen pague as expropiacións e obras por máis de 7 millóns de euros

Lugo aborda o desdoblamento e ampliación da Avenida de Madrid, que entroncará co importante nó de comunicacións da zona sur. Será “a entrada máis directa, rápida e moderna da cidade”, afirmou o Concelleiro de Urbanismo, José Ramón Gómez Besteiro. O Concello acordou con Fomento que sexa este Ministerio quen pague as expropiacións e urbanización, é dicir, máis de 7 millóns de euros.

“Máis aló do que é unha nova entrada a Lugo, é unha obra histórica, moi demandada e extraordinariamente importante”, dixo o Concelleiro. A Avenida de Madrid será aínda máis importante no deseño futuro da urbe, xa que entroncará coas arterias de comunicación como as autovías con Santiago e Ourense ou o desdoblamento da Tolda a Nadela.

Besteiro anunciou que este mesmo ano comezarán as obras de demolición, ocupación de terreos e urbanización da Avenida de Madrid desde Augas Férreas ata a Tolda. Segundo as previsións, estará rematadas a finais do vindeiro ano.

Expropiacións e obras suman máis de 7 millóns de euros, é dicir, 1.176 millóns das antigas pesetas. “Esta obra deixa en pañais aquela antiga previsión do convenio de travesías do ano 1997. Case nunha obra fulmina aquelo, que tiña unha previsión de 1.500 millóns de pesetas. A diferencia agora está na xestión. Conseguimos implicar a Fomento nas expropiacións”, dixo Besteiro.

As obras suporán a creación de 3 rotondas: dúas darán acceso cara a Sur-K –onde se desenvolverá a maior urbanización da cidade, cun 70% destinado a espazos públicos-. A primeira estará á altura de Bernardino Pardo Ouro; a segunda, á altura de Pablo Iglesias; e a terceira entroncará co desdoblamento de Nadela-Tolda, onde tamén chegará a Ronda Sur que vén do novo hospital.

Iníciase o proceso

O Concello de Lugo xa aprobará este mércores en Xunta de Goberno Local o proxecto de expropiación do desdoblamento da avenida desde Augas Férreas ata o desdoblamento da Tolda. Só as expropiacións, sufragadas por Fomento, acadarán os 2.200.000 euros, é dicir, 365 millóns das antigas pesetas.

Comprenderán 11.000 metros cadrados na marxe dereita da avenida, acollendo 35 parcelas de solo urbano non consolidado situado dentro do plan especial do Campus.

Unha vez que o Concello aprobe o proxecto de expropiación, o procedemento exporase ó público no prazo dun mes e publicarase no Diario Oficial de Galicia, no Taboleiro de Anuncios do Concello e nun xornal para, a continuación, ser aprobado coa resolución das alegacións.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova