Cargando....
Concello de Lugo
25/11/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello reunirase o día 20 con directivos do ICOMOS


# Mércores, 14/03/2007
Defenderán a postura de construír o Auditorio no cuartel de San Fernando

O equipo de goberno do Concello de Lugo manterá o día 20 deste mes unha xuntanza cos máximos responsables do ICOMOS en Madrid, para tratar de chegar a un acordo para a construcción do Auditorio no cuartel de San Fernando.

O Concelleiro de Urbanismo, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou a celebración desta xuntaza e anunciou a celebración dunha reunión previa cos voceiros dos tres partidos políticos con representación municipal para tratar sobre esta cuestión.

Insistiu tamén que en Madrid intentarán defender a idea inicial de construcción desta infraestrutura da cidade “torpedeada polas maniobras do BNG”.

Engadiu tamén que a suxestión de facer un auditorio soterrado “foi desestimada polo propio arquitecto polos problemas que podería causar en caso de ter que realizar unha evacuación”.

Indicou tamén que “a nosa intención non é facer do Auditorio nunha ratoneira, queremos a infraestrutura que merece esta cidade e non unha simple Casa da Cultura, como din agora os do BNG”.

Sobre as últimas declaración do BNG insistiu en que “Lugo merece as infraestruturas dunha cidade grande, nada de pontellos ou de casas da cultura cando temos que falar xa a outros niveis e deixarnos de actuar con pequeneces”.

Gómez Besteiro indicou tamén que se esixirá do ICOMOS unha resposta clara de si o informe é vinculante para a perda da categoría de Patrimonio da Humanidade.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova