Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Nova reunión dos grupos de traballo do Plan Estratéxico


# Martes, 13/03/2007
Os responsables da liña de traballo número un centraranse nos oito proxectos non iniciados

O Salón de Plenos do Concello de Lugo acolle mañá, mércores, unha nova reunión dos membros do Plan Estratéxico da cidade con responsables do equipo de goberno.

O día 1 deron comezo o ciclo de reunións con cada un dos catro grupos de traballo coa intención de debater sobre os proxectos non iniciados que non poden comezarse, son inviables, ou non poderán culminarse no prazo de actuación do plan, previsto para catro anos.

A reunión de mañá será cos membros da liña 1, que agrupa as aportacións en materia de infraestruturas e que está presidida por Benxamín Casal. Será o Alcalde, José López Orozco, o que manteña este encontro.

Neste grupo quedan oito accións aínda sen comezar, que serán debatidas novamente. En canto a transporte por carreteira, o Plan ten parada a acción número 3, consistente en conectar Lugo coa Autovía do Cantábrico a través da Terra Chá, como un acceso á costa lucense; tamén busca alternativas a mellorar o acceso norte (alternativa O Ceao) dende a Autovía A-6 á cidade, cunha estrada con calzadas separadas.

Respecto á comunicación ferroviaria, na acción catro figura conectar Lugo á rede ferroviaria de Alta Velocidade, potenciar o transporte ferroviario rexional de pasaxeiros e tamén o de mercadurías coa construcción dunha infraestrutura intermodal así como impulsar a conexión coas liñas transeuropeas de transporte.

Respecto á Zona Rural, figura o desenvolvemento dunha infraestrutura de telecomunicacións e a mellora do acceso telefónico a fixo e móbil.

As reunións finalizarán a próxima semana, concretamente o día 22, coa liña dous, sobre servizos ás persoas e espazos públicos.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova