Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

As obras do Museo Interactivo da Historia de Lugo serán contratadas este mesmo ano


# Luns, 12/03/2007
Comezou a exposición pública dos catro equipos finalistas que optan a construír o MIHL no Parque da Milagrosa

Comezou esta mañá a presentación dos catro anteproxectos que optan á construción do Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) no Parque da Milagrosa. O Alcalde de Lugo, José López Orozco, amosou a súa satisfacción "polos pasos firmes e sólidos" que está a dar o Museo, unha infraestrutura pioneira en Europa que contará coas últimas tecnoloxías museísticas. López Orozco xa confirmou que as obras serán contratadas este mesmo ano.

O Concello "pretende empregar as novas tecnoloxías para dar a coñecer a historia de Lugo e, en segundo lugar, ofrecer un atractivo máis para visitar a cidade cunha obra arquitectónica emblemática e interesante contido", explicou o Alcalde. "Queremos facer unha recreación auténtica da cidade, non queremos a historia de Tom e Jerry. Por iso, tamén haberá pezas reais", afirmou.

O Museo supera os 6.000.000 euros e está financiado a través de fondos do Concello, Ministerio de Industria, Dirección Xeral de Belas Artes do Ministerio de Cultura e do financiamento pendente dun convenio con Eroski.

3 equipos de arquitectura de Madrid e 1 de Vigo foron seleccionados dun total de 20 empresas para presentar o seu anteproxecto para construír o MIHL. Durante hoxe e mañá calquera persoa pode asistir á exposición pública, que se está a celebrar no Salón de Plenos.

O xurado valora as ofertas económicas, así como a idoneidade dos espazos libres ou as organizacións propostas, entre outros asuntos recollidos nas bases do concurso.

Junquera Arquitectos

O primeiro equipo que presentou o seu proxecto, entre as dez e media e as doce, foi JUNQUERA ARQUITECTOS S.L. (Madrid).

Apostan por un proxecto arquitectónico inspirado na Muralla. Recollen a influencia dun muro macizo que ailla, pero que se abre a un interior plácido, sosegado e luminoso. Seu deseño cubre tres necesidades: axustarse ó orzamento; materiais de gran durabilidade e con pouco mantemento; propoñer un proxecto accesible para calquer construtor.

No edificio contrastan o exterior e o interior. A estrutura é de formigón armado pulido e tinxido en negro para o exterior. Con este material constrúen uns muros moi sólidos e establecen un xogo tonal coa variación da luz solar ó longo do día. O interior dos muros vai revestido con conchas de vieira, o que establece un contraste forte entre o negro de fóra e o nácar de dentro.

O edificio do museo está integrado no entorno a través dun xardín e do aparcadoiro. O acceso ó museo realízase a través dun espazo de tránsito que simboliza o paso do ruido urbán ó silencio. Primeiro accédese ás instalacións, que están illadas a través dun muro macizo de formigón.

O edificio caracterízase polo seu dinamismo, pois leva uns muros que fuxen da simetría e das liñas rectas e xogan con alturas desiguais e inclinacións. O proxecto adáptase á orografía do terreo, aproveitando os desniveis da parcela para establecer as alturas.

Este equipo de arquitectos gañou numerosos concursos internacionais e nacionais. Fixeron o Plan Especial para a integración do ferrocarril en Xixón; desenvolvemento da actuación do Porto en Arrecife, Lanzarote; rehabilitación da Biblioteca Nacional en Madrid; edificio emblemático das oficinas Caja Madrid na capital española; profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura en Madrid. Propoñen un proxecto de 427.000 euros e 4 meses para facelo.

Nieto Sobejano

Ó mediodía tocoulle a vez ó segundo grupo. NIETO SOBEJANO ARQUITECTOS S.L. (Madrid).

Propoñen un "Xardín-Museo", que integre o museo na paixase verde. Organizan un espazo subterráneo para o aparcadoiro, que está dividido nunha zona para coches e outra para buses. Na superficie vai un xardín autóctono ó que se accede a través de escaleiras e ascensores. Todas as insfraestruturas están adaptadas ás necesidades das persoas con discapacide.

O deseño deste estudio de arquitectos está estruturado en tres bandas paralelas á avenida Duquesa de Lugo. As dúas primeiras correspóndense coa zona de aparcadoiro, a terceira acolle o edificio do museo.

O edificio está proxectado como un espazo único que aproveita o desnivel do terreno para establecer un xogo de alturas proxectando torres cilíndricas de máis de 8 metros de altura, que acollerán as distintas dependencias. A torre máis alta ten dúas salas de exposicións de distintos tamaños que permiten celebrar exposicións singulares que precisen alturas grandes e iluminacións especiais.

O máis característico deste proxecto é o xogo das torres cilíndricas a diferentes alturas e o material de malla metálica que recubre o edificio. Esta malla de metal permitiría un aproveitamento artístico, pois serviría para realizar proxeccións.

Estes arquitectos son Profesores da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid; ten varias publicacións; gañou prestixiosos concursos como o do Museo e sede do Instituto Madinat Al-Zahra de Andalucía; Museo para o Arte Expresionista no Castelo de MoritzBurg de Alemaña; Museo Canario, nas Palmas; Museo San Telmo en San Sebastián; Museo Artístico Contemporáneo en Córdoba; Pazo de Congresos e Exposicións de Mérida. Fai unha oferta de 440.000 euros e 4 meses para o proxecto básico e 3 meses para o de execución.

Alfonso Penela

Presenta un proxecto inspirado na Muralla como unha obra construtiva dunha única peza. O seu museo baséase no espírito dos antiguos teatros-espectáculos, edificios ambivalentes que se adaptaban aos espectáculos. Por ese motivo, propón un contedor abstracto que se adecue ás catro épocas artísticas que serán obxeto de exposición (prerromana, romana, medieval e contemporánea).

Partindo da idea dun paseo polo adarve da Muralla, a cuberta do museo se converte nun corredor transitable e mirador. Este deseño busca integrar as instalacións do museo cos espazos construtivos existentes (Polideportivo de Frigsa, Auditorio Gustavo Freire) e coas vías de comunicación. Por exemplo, a estrutura do aparcadoiro aproveita o muro de pedra que pecha na actualidade a parcela e divídese en dous niveis. A cuberta convértese nun espazo de dobre uso, pois en casos de necesidade serviría de terceiro andar do aparcadoiro e senón, de praza pública.

O aparcadoiro comunica co edificio do museo a través dunha rampa suave. Establece un sistema de rampas e plataformas que comunican o exterior co interior do museo servindo de tránsito entre o ruido da cidade e o recollemento do museo. Ademais, proxecta un viaducto que cruza as vías do tren e o une coas zonas de futuro crecemento da cidade.
As estruturas construtivas organízanse en aterrazamentos sucesivos que aproveitan o desnivel propio do terreo. Os materiais de construción so o formigón armado, a madeira, o aceiro e o vidro, que son materiais de gran durabilidade, moldeables e sostibles.
Ademais, contribuen a crear un edificio termicamente moi estable.
En referencia ao aproveitamento térmico, tívose en conta o sistema de calefacción, que sería a través de solo radiante e pozos xeotérmicos que sen necesidade de aire acondicionado manterían unha temperatura continua de 18 graos.

Andrés Perea Ortega
Continuará a exposición o martes ás dez co traballo de ANDRÉS PEREA ORTEGA EUROESTUDIOS S.L. (Madrid). Responsable do deseño de varios hospitais; gañadores do concurso internacional Urban ideas competition para a nova cidade multifuncional e administrativa en Corea; nova Sede da Biblioteca Pública do Estado en Santiago de Compostela; varios edificios administrativos da Xunta de Galicia en San Lázaro; desenvolvemento do proxecto executivo e dirección de obra da Cidade da Cultura de Santiago, etc. 427.500 euros e 4 meses para facer o proxecto.

A intención da mesa de contratación é ofrecer o faio público este martes, despois da deliberación do xurado composto por:
  • Presidente: Alcalde-Presidente do Concello de Lugo, José López Orozco
  • Concelleira Delegada da Área de Cultura, Turismo e Educación, Concepción Burgo López
  • Manuel Gallego Jorreto, arquitecto, en representación do grupo municipal do Partido Socialista de Galicia (este grupo declinou a súa participación en favor dun arquitecto reputado)
  • Xosé Anxo Lage Suárez, en representación do grupo municipal do B.N.G.
  • Jaime Castiñeira Broz, en representación do grupo municipal do Partido Popular
  • José Antonio Eirín, arquitecto municipal designado pola Alcaldía
  • Santiago Catalán Tobía, arquitecto designado pola Alcaldía
  • Juan Manuel Doce Porto, secretario da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña, en representación desta
  • Felipe Peña Pereda, en representación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
  • Antonio Montero Carro, en representación do Consello de Cultura Galega
    -
  • Víctor Cageao Santacruz, xefe de Área de Infraestructuras de la Subdirección General de Museos Estatales, en representación do Ministerio de Cultura
  • Rosa Abelleira Fernández, Interventora Municipal
  • Vicente Pérez Carro, en representación da Asesoría Xurídica
  • Ana Isabel Sáez Mancebo, Xefa do Servizo de Contratación en funcións de Secretaria da mesa.

    Reunión con ICOMOS
    Sobre a reunión con ICOMOS para a construción do Auditorio, o Alcalde explicou que o Concello segue a espera de que a Presidenta deste organismo fixe unha data para a reunión, que posiblemente será a vindeira semana.



  • Compartir:
    Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
    RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova