Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O blog do Alcalde recibe no seu primeiro ano un total de 47.700 visitas


# Domingo, 11/03/2007
Foron enviados un total de 4.610 comentarios aos 57 artigos publicados neste periodo

O blog do Alcalde de Lugo, www.joselopezorozco.com, vén de cumplir un ano de existencia pechando o balance con 47.700 visitas nestos primeiros doce meses.

Estas visitas representaron un total de 195.929 páxinas vistas o que indica que se trata dunha web que fai que a xente se quede e participe.

Neste ano o Alcalde publicou un total de 57 artigos, que supón un por semana de media, e recibiu un total de 4.610 comentarios.

O número de visitas rexistradas está considerada superior á media, xa que unha páxina cun resultado óptimo ten unha media de 2.000 visitas ao mes. O blog mantívose dende os seus inicios entre os 3.200 e os 4.200 comentarios. Dende xaneiro experimentou un aumento paulatino das visitas con 4.603 en decembro, 5.513 en xaneiro e 4.857 en febreiro.

Os artigos máis comentados foron o do Día do libro, con 322, o de A voltas co blog, con 228, e Accidentes de tráfico con 191.

Normalmente os artigos teñen unha media de cen comentarios e mantense esta liña dende a súa creación, aínda que esta porcetaxe foi moi superior nos primeiros comentarios, cando comezou o proceso.

No blog tamén se poden consultar os bandos, artigos e intervencións publicados por el, dous enlaces con outro blogs (Javier Marías e Alcalde de Conellá e Eduiardo Punset), unha galería de fotos, un botón de consulta dos encontros dixitais e a biografía do Alcalde. A lectura de artigos e o envío de comentarios é a páxina más utilizada.

Como dato anecdótico un total de 4.382 visitas foron realizadas a través da web municipal, www.lugo.es.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova