Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Comeza o luns a exposición dos catro traballos finalistas para a construción do MIHL


# Venres, 09/03/2007
Serán a partir das dez e media da mañá no Salón de Plenos e prolongaranse ata o martes

Poderán presencialos os veciños que o desexen

O luns comezará a presentación dos catro anteproxectos que optan á construción do Museo Interactivo da Historia de Lugo. A Mesa de Contratación escolleu na fase anterior 4 equipos de arquitectura de Madrid e 1 de Vigo para realizar o anteproxecto neste concurso no que se presentaron 20 empresas e profesionais.

Nesta segunda fase, os seleccionados teñen que presentar o seu anteproxecto nunha exposición pública, que se celebrará no Salón de Plenos. Estas exposición comezarán o luns ás dez da mañá e se presentan catro dos cinco seleccionados, xa que Mansilla Tuñón Arquitectos rexeitou continuar. A exposición comezará ás dez da mañá e está aberta a todos os que o desexen.

O primeiro equipo en presentar o seu proxecto, entre as dez e media e as doce, será JUNQUERA ARQUITECTOS S.L. (Madrid). Foron gañadores de numerosos concursos internacionais e nacionais. Fixeron o Plan Especial para a integración do ferrocarril en Xixón; desenvolvemento da actuación do Porto en Arrecife, Lanzarote; rehabilitación da Biblioteca Nacional en Madrid; edificio emblemático das oficinas Caja Madrid na capital española; profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura en Madrid.

Ás doce e media será a vez do segundo grupo. NIETO SOBEJANO ARQUITECTOS S.L. (Madrid). Profesores da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid; ten varias publicacións; gañou prestixiosos concursos como o do Museo e sede do Instituto Madinat Al-Zahra de Andalucía; Museo para o Arte Expresionista no Castelo de MoritzBurg de Alemaña; Museo Canario, nas Palmas; Museo San Telmo en San Sebastián; Museo Artístico Contemporáneo en Córdoba; Pazo de Congresos e Exposicións de Mérida.

As presentacións continuarán pola tarde, ás cinco, co terceiro concursante. ALFONSO PENELA FERNÁNDEZ. (Vigo). Deseñou varios edificios do campus de Vigo e, en colaboración co estudio EMBT, tamén realizou a reodenación do Campus olívico. Deseñou centros de saúde na provincia de Pontevedra.

Continuará a exposición o martes ás dez co traballo de ANDRÉS PEREA ORTEGA EUROESTUDIOS S.L. (Madrid). Responsable do deseño de varios hospitais; gañadores do concurso internacional Urban ideas competition para a nova cidade multifuncional e administrativa en Corea; nova Sede da Biblioteca Pública do Estado en Santiago de Compostela; varios edificios administrativos da Xunta de Galicia en San Lázaro; desenvolvemento do proxecto executivo e dirección de obra da Cidade da Cultura de Santiago, etc.

A intención da mesa de contratación é ofrecer un faio ás seis da tarde do martes despois dunha deliberación que comezarán ás cinco da tarde dese mesmo día.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova