Imprimir

O PREMIO REINA SOFÍA FINANCIARÁ A COMPRA DE MATERIAL INFORMÁTICO PARA PERSOAS DISCAPACITADAS

7/3/2007 O Alcalde e a Concelleira de Benestar Social recolleron esta mañá o galardón no pazo da Zarzuela

O Alcalde, José López Orozco, recolleu esta mañá o premio Reina Sofía 2006 de accesibilidade universal de municipios no salón Magnolias do Pazo da Zarzuela. Estivo acompañado da Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, e de Aquilino González Álvarez, representante de Auxilia en Lugo e membro do Gabinete de Accesibilidade do Concello.

A cidade de Lugo recibe este galardón dentro da categoría de municipios entre 10.0001 e 100.000 habitantes. A mesma distinción recibe o Concello de Santiago, na categoría de concellos de máis 100.000 habitantes, e os de Fontanar (Guadalaxara) e Ribadesella (Asturias), na categoría de concellos de menos de 10.000 habitantes.

A cuantía económica do premio é de 15.000 euros, que xa teñen o seu destino, tal e como indicou a Concelleira de Benestar.

Segundo explicou, a metade da dotación servirá para comprar material relacionado das novas tecnoloxías adaptado para persoas con discapacidades físicas. Este material irá destinado a complementar as aulas de informática e de tecnoloxía que se instalarán nos centros sociais e en distintos puntos de información da cidade.

Carmen Basadre explicou tamén que o resto dos cartos irá para paliar deficiencias físicas puntuais para algúns dos veciños que teñan problemas de mobilidade.

Foi a propia Reina Sofía a que fixo entrega dos galardóns aos alcaldes destes catro concellos. O Alcalde, manifestou a súa satisfacción pola consecución deste premio e a intención de seguir a traballar para continuar a eliminar barreiras “facer que todos os cidadáns sexa iguais e teñan os mesmos dereitos”.

Ademais, tamén se fixo entrega neste acto dos premios en prevención da discapacidade ao Servizo de Xenética do Hospital de Santa Cruz e San Pablo, de Barcelona, e á Asociación de pais e amigos dos excepcionais (APAE) de Sao Paulo, Brasil.