Imprimir

O ALCALDE EXPLICOU O PROXECTO DA NOVA PONTE ÓS VECIÑOS DE SAN LÁZARO


5/3/2007 O Alcalde explicou o proxecto da nova ponte ós veciños de San Lázaro

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Urbanismo, José Ramón Gómez Besteiro, explicaron o proxecto da nova ponte ós veciños do barrio de San Lázaro. Trescentas persoas, procedentes maioritariamente deste barrio da cidade máis das zonas rurais próximas, acudiron ó Colexio da Ponte para coñecer de primeira man o proxecto do Ministerio de Fomento.

Na reunión, que tivo unha duración de dúas horas e se caracterizou por un ambiente tranquilo e cívico, o Alcalde e os técnicos municipais deron conta das opcións propostas polo Ministerio de Fomento, así como das ventaxas de cada unha delas.