Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello informará aos veciños de San Lázaro sobre o proxecto da ponte do río Miño


# Luns, 05/03/2007
O Alcalde e o Concelleiro de Urbanismo ofrecerán todas as explicacións sobre esta infraestrutura no colexio da Ponte ás oito da tarde

O Alcalde, José López Orozco, e o Concelleiro de Urbanismo, José Ramón Gómez Besteiro, manterán esta tarde unha reunión cos veciños do barrio da Ponte para informar sobre a nova ponte do río Miño, tal e como fixeron a pasada semana cos de Acea de Olga.

Durante esta xuntanza se dará conta de todos os puntos de interese para os veciños e se presentarán os planos e deseños das alternativas propostas, así como da elexida polos técnicos.

A reunión terá lugar esta tarde, ás oito, no colexio da Ponte e a ela están invitados todos os veciños interesados, así como os residentes desta zona, que é a máis necesitada desta nova infraestrutura.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova