O Alcalde, José López Orozco, e o Concelleiro de Urbanismo, José Ramón Gómez Besteiro, manterán esta tarde unha reunión cos veciños do barrio da Ponte para informar sobre a nova ponte do río Miño, tal e como fixeron a pasada semana cos de Acea de Olga.
Durante esta xuntanza se dará conta de todos os puntos de interese para os veciños e se presentarán os planos e deseños das alternativas propostas, así como da elexida polos técnicos.
A reunión terá lugar esta tarde, ás oito, no colexio da Ponte e a ela están invitados todos os veciños interesados, así como os residentes desta zona, que é a máis necesitada desta nova infraestrutura.