Imprimir

O CONCELLO DE LUGO RECIBE O MÉRCORES O PREMIO REINA SOFÍA DE ACCESIBILIDAD


4/3/2007 O Alcalde recollerá o galardón no acto oficial que se celebrará no pazo da Zarzuela

O mércores, día sete, o Alcalde, José López Orozco, recibirá no nome de Lugo o premio Reina Sofía 2006 de accesibilidade universal de municipios. A entrega oficial do galardón terá lugar á unha da tarde no salón Magnolias do Pazo da Zarzuela.

O Concello de Lugo recibe este galardón dentro da categoría de municipos entre 10.0001 e 100.000 habitantes. A mesma distinción recibe o Concello de Santiago, na categoría de concellos de máis 100.000 habitantes, e os de Fontanar (Guadalaxara) e Ribadesella (Asturias), na categoría de concellos de menos de 10.000 habitantes.

Será a propia Reina Sofía a que fará entrega dos galardóns aos alcaldes destes catro concellos, que nunha pequena intervención terán ocasión de dar o seu agradecemento a estes premios, que representan a esencia do recoñecemento en materia de accesibilidade.

Ademais, tamén se fai entrega neste acto dos premios en prevención da discapacidade ao Servizo de Xenética do Hospital de Santa Cruz e San Pablo, de Barcelona, e á Asociación de pais e amigos dos excepcionais (APAE) de Sao Paulo, Brasil.