Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello e o Centro de Transfusión de Galicia inician unha campaña a prol da doazón de sangue


# Martes, 27/02/2007
O Alcalde enviará unha carta ós 1.200 mozos que cumpren a maioría de idade para que colaboren

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Director do Centro de Transfusión de Galicia, Julio Cabrera, asinaron un convenio de colaboración para sensibilizar ós mozos que acadan a maioría de idade sobre a doazón de sangue. Na actualidade Lugo é a cidade das sete grandes de Galicia cunha taxa menor de doazón.

O edil fixo un chamamento á mocidade para que colabore porque "hai necesidade de sangue". O Alcalde enviará unha carta conxunta co Director do Centro para felicitar ós mozos e mozas que cheguen á maioría de cidade. Ó mesmo tempo explicaranlles a necesidade de doar, xa que Lugo aínda no se atopa nas cifras recomendadas pola Organización Mundial da Saúde.

Cada día realízanse nos hospitais galegos 500 intervencións cirúrxicas, aténdense preto de 2.900 urxencias e lévanse a cabo 2 transplantes de órganos e tecidos. Para iso, "é necesaria a solidariedade tamén dos mozos", dixo Orozco.

Como o sangue non pode ser fabricado, piden cando menos unha doazón ó ano. Os interesados poden acudir ó local situado no Hospital Provincial de San José ou ben achegarse ata unha unidade móbil.
O Director do Centro de Transfusión de Galicia explicou que o obxectivo "é facer cada vez máis operacións con menos consumo de sangue". Sen embargo, Lugo ten a taxa de doazóns máis baixa das sete grandes cidades de Galicia, cunha porcentaxe de 35 sobre 1.000.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova