Imprimir

OS ALUMNOS DE VILAGARCÍA DE AROUSA COÑECERON A CASA CONSISTORIAL


27/2/2007

Os alumnos dos grupos de 4º de ESO do IES Miguel A. González Estévez de Vilagarcía de Arousa achegáronse á Casa Consistorial de Lugo onde foron recibidos ás doce desta mañá pola Concelleira de Xuventude no Salón de Plenos.

Os rapaces do municipio pontevedrés están de visita na cidade e aproveitaron esta excursión para coñecer o funcionamento interno do Concello e as tarefas dos concelleiros.

Rosana Rielo convidounos a gozar desta viaxe e a convertirse en embaixadores de Lugo. Recomendoulles prestar moita atención ao longo da visita guiada pola Muralla e ao centro histórico, unha oportunidade de aprender moitas cousas da historia desta cidade e dos seus antergos.

A Concelleira entregoulles como agasallo institucional pins da Muralla e os últimos folletos turísticos da cidade.