Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Comisión de Patrimonio esixe á FEMP que as declaracións BIC estean a cargo da institución que o solicita


# Luns, 26/02/2007
O Alcalde, como presidente deste organismo, indicou que se esixirá que o vandalismo sexa un delito

O Alcalde, José López Orozco, presentou hoxe o decálogo de resolucións elaborado pola Comisión de Patrimonio, que el mesmo preside, para presentar na Asamblea da Federación Española de Municipios e Provincias.

O Alcalde destacou algún dos puntos esenciais que se presentan neste catálogo, realizado en consenso polos alcaldes de concellos de todos os tamaños e de diferente tendencia política de toda España.

Considera López Orozco fundamental o acordo polo que os custes por declaracións de bens de interés cultural ou distincións máis locais deben corresponder a entidade que se solicita, “e non sempre aos concellos como vén sendo habitual”.

O Alcalde aclarou a necesidade de que se produzan este tipo de distincións polo ben dos concellos, pero indicou a necesidade de que os gastos que xeneran, como o planeamento ou o pago de subvencións deben ser soportados polas administracións responsables.

Así mesmo, outra das medidas que esperta interés é a solicitude, por acordo unánime, de que se endurezan as medidas xudiciais polas agresións ao patrimonio histórico e o vandalismo nos centros históricos.

Insistiu que as actuacións se están realizando e se está detendo aos mozos pero o tratamento xudicial posterior evita un control. “Poder controlar ou exemplificar os castigos por estes actos derivaría nun descenso destas prácticas”, dixo. Indicou tamén que para isto sería necesario un cambio no código penal, que pasasen de ser faltas a ter a consideración de delito.

Outra das grandes decisións tramadas na reunión do pasado xoves en Madrid foi a de potenciar os procesos de rehabilitación a través das escolas de emprego e os talleres. Opinan que estes traballos, ademais de embelecer os centros, serven para recuperar e potenciar moitos destes oficios tradicionais.

A finalidade principal destas medidas está encamiñada tamén a conseguir que os centros históricos sexan lugares de residencia para os veciños, fomentando a rehabilitación da vivenda e a creación de dotacións e de negocios que leven a xente a vivir a estes lugares.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova