Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A construción da ponte pode comezar este ano


# Xoves, 22/02/2007
O Concelleiro de Urbanismo avanza que a obra podería comezar a finais de ano se non hai atrancos

O Alcalde, José López Orozco, e o Concelleiro de Urbanismo, José Ramón Gómez Besteiro, manterán unha reunión cos veciños de Acea de Olga para informar sobre a nova ponte do río Miño.

Así o anunciou hoxe o Concelleiro, que sinalou que o proxecto vai para adiante e que se dará conta de todos os puntos de interese para os veciños na reunión que manterán dentro duns días. Indicou tamén que a reunión será cos veciños de Acea de Olga xa que se trata do barrio con máis vinculación coa nova ponte.

O Concelleiro sinalou tamén que se trata dunha obra que representa o progreso da cidade e lamentou a existencia de grupos que se negan a esta construcción. “Trátase dos do non, eses mesmos que estiveron en contra de todas as obras que significaron un paso de cara ao progreso, tal e como fixeron co CETAL, co Museo Interactivo ou mesmo coa fonte cibernética”, dixo.

Gómez Besteiro indicou que confía en que ao final os partidos apoien esta iniciativa, en especial agora que o estudo medioambiental amosa a viabilidade do proxecto.

O Concelleiro indicou que se non se poñen máis trabas é posible que as obras da nova ponte podan dar comezo antes de que remate o ano.

Indicou que todos os ataques que se realicen para parar esta infraestrutura ou retrasala serán ataques contra o progreso da cidade e contra os veciños que queren a ponte, que son a gran maioría.

Insistiu en que se vai demandar das administracións o apoio para aprobar rapidamente o estudo informativo e dar pasos rapidamente “para o progreso da cidade”.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova