Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Comisión de Patrimonio presenta un catágolo de suxestións para protexer este ben nas cidades históricas


# Mércores, 21/02/2007
O Alcalde preside o xoves en Madrid a reunión para aprobar esta propuesta de resolucións

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asiste mañá, xoves, en Madrid, a unha nova reunión da Comisión de Patrimonio Histórico da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) que el mesmo preside.

Esta reunión, que se celebrará dende as once da mañá na sede da FEMP, condensará a proposta de resolucións da comisión para a novena asamblea xeral deste organismo.

Estas resolucións que plantexa a Comisión baséanse en que unha sociedade ten o dereito a utilizar e gozar do seu patrimonio, así como o deber de preservalo. Son os gobernos e as institucións os que teñen que repostar a este dereito e obrigas dándolle ao patrimonio a importancia dunha prioridade política de carácter socioeconómico e cultural.

Ademais, consdieran que son tamén os gobernos e as institucións as que deben facilitar e promover os mecanismos de apoio e fomento para a participación dos axentes sociais e económicos privados.

Con esta finalidade elaboráronse as resolucións que se aprobarán mañá e que contemplan a necesidade dunha modificación da normativa a nivel estatal dándolle prioridade aos concellos. Os plans de rehabilitación, a recuperación dos centros históricos, as excavacións arqueolóxicas, a recuperación de oficios tradicionais e o fomento de proxectos de rehabilitación integral son algunhas das cuestións que conforman este catálogo de oito puntos.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova