Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello ultima co Ministerio de Defensa a recepción dos terreos das Gándaras


# Xoves, 15/02/2007
Ministerio e Concello pechan un acordo moi beneficioso para facilitar o traspaso dos terreos e iniciar o parque industrial.

Cúmprense os prazos dados polo Alcalde na última reunión coa Consellería de Vivenda.

Tal e como anunciara o Alcalde de Lugo na reunión que tivo hai unha semana coa Conselleira de Vivenda, ó Concello de Lugo fáltanlle poucos días para ser titular dos terreos das Gándaras. O Ministerio de Defensa e o Alcalde pecharon un acordo moi beneficioso para facilitar este traspaso, o que posibilitará a cesión á Consellería de Vivenda e a posta en marcha do polígono industrial das Gándaras.

O Consello da Xunta aprobou hoxe o plan sectorial das Gándaras: "Hoxe é un día para brindar", dixo o Alcalde. Mentres, el recibía o convenio definitivo que fará propietario ó Concello de Lugo dos terreos das Gándaras necesarios para o novo parque industrial. Segundo este documento, o pago da fianza que terá que abonar o Concello baixou considerablemente. Do aval do 100% dos 11 millóns de euros, o Concello só terá que poñer de fianza o 25% do prezo de tasación, é dicir, 2.760.000 euros.

O Concello disporá deses terreos cunha compensación a Defensa de 58.720 metros cadrados edificables cunha tipoloxía de vivenda residencial colectiva.

Segundo o convenio, nas próximas semanas o Ministerio transmitirá ós terreos -un millón cincocentos mil metros cadrados- ó Concello.


Colaborar coa Xunta
O Alcalde destacou que colaborarán coa Xunta de Galicia para que Lugo teña o solo industrial que tanto precisa. O Concello foi o primeiro en poñer en marcha este proxecto ó que despois se sumou a Xunta de Galicia. "Imos facer unha cesión negociadora dos terreos. A están a estudar os técnicos do Concello pero imos ser o máis xenerosos posibles porque é unha necesidade moi grande da nosa cidade", afirmou.

Orozco non ten ningunha dúbida de que Lugo "sairá moi beneficiado" a curto e medio prazo con este novo parque.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova