Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Alumnos do colexio da Milagrosa visitaron por vez primeira a Casa Consistorial


# Mércores, 14/02/2007
O Alcalde oficiou de guía do funcionamento do Concello

Os vintecinco rapaces que cursan 2º de primaria no colexio lucense da Milagrosa aproveitaron unha excursión pola cidade para achegarse á Casa Consistorial por primeira vez. Os pequenos, que tiñan sete anos de idade, amosaron moita curiosidade polo funcionamento do Concello e polo labor desempeñado polo goberno municipal.

O Alcalde, que presidiu a recepción, tivo que recuperar as súas dotes para a ensinanza e facer fronte ás innatas ansias de coñecemento dos pequenos. Os seus coñecementos servíronlle para establecer un diálogo socrático cos nenos que non se cansaron de facer preguntas. As principais preocupacións centráronse nos parques infantís e o edil adiantoulles a próxima contrución de cinco novos xardíns para nenos en barrios como o Sagrado Corazón, a Fonte dos Ranchos, Aceña da Olga ou San Roque.

A curiosidade dos rapaces quedou satisfeita cando recibiron os agasallos institucionais, que consistiron en material escolar e lambetadas.

A visita ao Concello tivo lugar ás dez e media da mañá e estaba encadrada nun día de excursión por Lugo


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova