Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde inaugura o monolito que conmemora os 25 anos de existencia da Protectora de Animais


# Luns, 12/02/2007
Está situado no parque Marcos Cela

O Alcalde Lugo, José López Orozco, acompañado doutros membros da Corporación; do Presidente da Sociedad Protectora de Animais, Javier Calleja, e do Delegado Provincial da Consellería de Medio Ambiente, Eduardo Vidal, inauguraron o sábado pola mañá o monolito que conmemora os 25 anos de existencia da Protectora.

Este monolito está situado no parque Marcos Cela, concretamente na súa entada pola avenida de Magoi.

Este acto coincide dentro do programa de actos organizado pola Protectora para celebrar o seu aniversario. Baixo o epígrafe “Uno es para siempre responsable de lo que domestica” déixase constancia da necesidade de seguir o proceso de concienciación sobre a compra insensible de mascotas e o seu posterior abandono.

Durante esta presentación, o Alcalde lembrou a próxima firma dun convenio do Concello e da Xunta de Galicia para a posta en marcha dun novo albergue para a Protectora, que hoxe en día ten problemas para acoller toda a demanda.

O novo albergue estará situado en Teixeiro, que é onde o Concello ten terreos. Pola súa banda, a Concellería de Medio Ambiente dotará este centro, a través dun investimento de 300.000 euros, dunha infraestrutura baseada no uso de enerxías renovables, mendiante paneles fotovoltaicos.

Por outra banda, o Alcalde aproveitou a ocasión para lembrar aos lucenses a necesidade de manter unha convivencia hixiénica na cidade, evitando prácticas xa antes controladas como a limpeza das deposicións dos cans polas rúas.

Así, anunciou a posta en marcha novamente dun proceso de vixiancia por parte da Policía Local no adarve da Muralla debido a un novo aumento de este tipo de conduta.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova