Cargando....
Concello de Lugo
06/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Nova cita co chat do Alcalde


# Luns, 22/01/2007


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, continuará o mércores co seu encontro dixital de todos os meses cos internautas. A cita variará de día e de hora por problemas de axenda. Así, será o día 24, ás seis e media da tarde.

O chat co Alcalde de Lugo vense celebrando de xeito continuado dende o mes de febreiro de 2005.

Como sempre, os internautas disporán dunha hora para plantexar ao Alcalde todas as preguntas que crean convintes, que López Orozco responderá dende o Despacho de Alcaldía.

Para participar neste foro unicamente é necesario entrar a través da web municipal, www.lugo.es, e formular a pregunta pertinente, que será respostada por orde de entrada.

O Alcalde anima a todos a achegarse a esta fórmula de contacto directo, para plantexar aquelas cuestións que desexen sobre calquera tema que consideren de interés, así como a facerlle chegar as súas queixas e propostas.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova