Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Corporación lucense participou en Ferrol na festividade de San Xillao


# Domingo, 07/01/2007
Coincide coa entrega dos galardóns Ferroláns do ano

A Corporación lucense, co Alcalde, José López Orozco, á cabeza, participou hoxe, domingo, en Ferrol no programa de actos da festividade de San Xillao.

Trátase dunha celebración que conta cunha longa tradición que se remonta a principios do século XX, concretamente até o ano 1916, cando comezaron as visitas institucionais entre as dúas cidades, consideradas irmás, en Lugo con motivo do San Froilán e a Ferrol en xaneiro.

Este acto coincide coa entrega das medallas de ouro aos Ferroláns do ano. Esta distinción recae este ano en Javier Gómez Noya, Antonio González-Aller Suevos, José González Collado e nas familias de Antón Paz García e Rafael Baltar Rojo.

Durante esta visita, o Alcalde de Ferrol, Juan Juncal, tivo palabras de benvida á corporación lucense “que con tanta xeneroxidade recíbennos sempre nas festas de San Froilán”, dixo. Durante o seu discurso expresou o seu desexo do mellor para a cidade de Lugo. Con motivo desta visita, Juncal fixo entrega a Orozco dun cadro.

Pola súa banda, o Alcalde de Lugo estivo dacordo co seu homólogo ferrolán na condena aos atentados de ETA no aeroporto de Barajas e dixo que “ETA matou dúas persoas, fixo moitos desperfectos pero o pero, feriu a nosa esperanza”. Sobre este particular avanzou que se loitará contra a barbarie terrorista coa crenza nos dereitos humanos e na Constitución.

O Alcalde de Lugo felicitou durante a súa intervención a todos os homenaxeados e tivo unhas verbas de cariño en especial a Gómez Noya, que aínda que nace en Ferrol, desenvolveu parte da súa traxectoria profesional en Lugo.

Abogou Orozco, en apoio ás palabras de Juncal, no apoio ao I+D “para o que sempre é necesario infraestruturas”, e tamén remarcou a importancia de apoiar aos emprendedores.

Rematou expresando o desexo de crear con Ferrol un eixo económico de colaboración, “que non interceda cos outros existentes e que permita facer unha Galicia forte loitando xuntos polo ideal de fortalecemento das nosas cidades”.

O Concello de Ferrol recibiu de mans do Alcalde de Lugo una representación do monumento bimilenario da cidade de Lugo que entregou co desexo “de que dentro doutros 2.000 anos, o contemplen as futuras corporacións”.

Previamente ao acto institucional, a Corporación lucense e os premiados foron recibidos na Alcaldía e firmaron no Libro de Ouro, onde Orozco suliñou os desexos de paz e prosperidade para Ferrol.

Finalizada a entrega de distincións, realizouse no Concello a tradicional degustación de arroz con leite e dun viño antes do xantar, que se celebrou no Hotel Almirante de Ferrol.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova