As bandeiras do Concello ondean a media asta en sinal de loito polos falecidos no atentado de ETA
# Xoves, 04/01/2007
As bandeiras oficiais do Concello ondearán durante todo o día de hoxe a media asta como sinal de loito polas dúas vítimas do atentado de ETA na Terminal 4 do aeroporto de Barajas.
Esta mostra de solidariedade foi unha iniciativa da Federación Española de Municipios e Provincias, presidida por Heliodoro Gallego, e secundada pola maioría dos Concellos.
Cinco días despois do atentado de ETA foi atopado onte o corpo sen vida de Carlos Alonso Palate, un dos dous ecuatorianos desaparecidos no aparcadoiro da T4.
O cadáver atopábase no interior do coche, que quedou aplastado ao desplomarse sobre el catro plantas de formigón. Os equipos de rescate indicaron que non creen que poidan recuperar o outro corpo.
Compartir: