Imprimir

AS BANDEIRAS DO CONCELLO ONDEAN A MEDIA ASTA EN SINAL DE LOITO POLOS FALECIDOS NO ATENTADO DE ETA


4/1/2007

As bandeiras oficiais do Concello ondearán durante todo o día de hoxe a media asta como sinal de loito polas dúas vítimas do atentado de ETA na Terminal 4 do aeroporto de Barajas.

Esta mostra de solidariedade foi unha iniciativa da Federación Española de Municipios e Provincias, presidida por Heliodoro Gallego, e secundada pola maioría dos Concellos.

Cinco días despois do atentado de ETA foi atopado onte o corpo sen vida de Carlos Alonso Palate, un dos dous ecuatorianos desaparecidos no aparcadoiro da T4.

O cadáver atopábase no interior do coche, que quedou aplastado ao desplomarse sobre el catro plantas de formigón. Os equipos de rescate indicaron que non creen que poidan recuperar o outro corpo.