Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Concentración silenciosa de repulsa polo atentado de Madrid


# Martes, 02/01/2007


Membros do equipo de goberno co Alcalde á cabeza, representantes das distintas administracións e de diferentes colectivos culturais e sociais sumáronse esta mañá á concentración silenciosa contra o terrorismo, realizada tras o atentado do sábado na terminal catro do aeroporto de Madrid.

Un centenar de persoas sumouse a esta concentración de cinco minutos de silendio e que estivera interrompida até o de agora e dende o momento no que ETA declarou un alto ao fogo definitivo.

Ao finalizar este acto, o Alcalde manifestou a súa repulsa e rechazo a todo acto de violencia e declarou que a democracia será a norma que permitirá rematar con este tipo de actos.

Así mesmo, manifestou o seu apoio ao Presidente do Goberno nas súas decisións con relación ao atentado e lamentou estas primeiras vítimas tras tantos meses de paz.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova