Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Conclusións do primeiro día das VI Xornadas sobre Violencia de Xénero organizadas polo Concello de Lugo


# Xoves, 22/11/2007
1ª. Intervención psicolóxica cos menores, fillos/as de vítimas da violencia de xénero. (Dª Sofia Csalbowski)

-O estudo de cómo afecta a violencia de xénero ós nenos/as comenzou en países angloxasóns en centros de acollida hai 20 anos.

-Para que o neno/a esté exposto á violencia de xénero é suficiente con que perciba a situación, non ten por que presenciala. En ocasións as consecuencias non se perciben nun primer momento senón que tardan tempo en aparecer.

-Os nenos/as son vítimas:
-Pasivas, son observadores non actúan.
-Vítimas directas, sufren un abuso infantil ou, ó querer mediar nas pelexas, son golpeados.
-Silenciosas, manteñen un segredo familiar.

-Os nenos sufren danos ó vivir nun ambiente violento, para desenrolarse precisan un ambiente estable. Esta situación dificulta o que pasen dunha etapa a outra. Según Corsi; a violencia é un abuso do poder, causando dano ós nenos/as.

-Os fenómenos de violencia dentro dunha parella repiténse unha media de 6 veces por ano. O primer episodio prodúcese no 50% dos casos no primeiro ano de matrimonio. Tamén se producen durante o embarazo.

-Moitos dos nenos quedan bloqueados, non son capaces de expresarse quedan bloqueados, son os que sufren máis danos.

-¿Cómo responden os nenos/as fronte ó maltrato?
1.Confusión: aman o maltratador, pasaron bos momentos con el pero tamén ven a outra cara.
2.Agresor: Se o identifican como agresor, senten odio, demasiado odio produce medo. Soen ter conflictos coa figura de autoridade (ex. Profesores). É difícil que vexan o agresor como tal, produce moita rabia e indignación.
3. O defende: por lealdade á familia.

-A situación de violencia afecta á relación nai-fillo:
Mala comunicación
Dificultades nos lazos afectivos
A violencia dificulta a crianza, sinten que non poden responder como nai.

-Como afecta a violencia segundo a idade:
1. Embarazo/parto: o feto pode percibir as agresións
2. Nened temprana: son moi vulnerables. Os sentimentos de apego consolídanse.
3. Nened tardía: son importantes os logros nesta etapa.
4. Pubertad
5. Adolescencia

-Detección da problemática
Idade prescolar: dolencias físicas, enuresis, angustia,…
Idade escolar: transtornos da alimentación, do soño, dificultades para concentrarse, ansiedade,..
Tamén existen nenos que compensan as carencias, son os mellores da clase, coidan dos seus irmáns pero en realidade sufren moito.
Adolescente: abandono escolar, autodestrucción, antisociais,…



-Como intervir e previr:
Estudo individualizado
Avaliación
Seguimento
Intervención en grupo
Grupo psico-educativo por idades.
Identificación de: medos, culpa, autoestima, reflexión.
Para previr hai dar a coñecer a violencia de xénero, atención prenatal, asistencia terapéutica, lexislación, traballo socializador…

2º.- Fillos e fillas das vítimas de violencia de xénero
(Santiago Míguez Caridad)

Resumo do informe galego do Colexio oficial de diplomados en traballo social de Galicia e Igaxes co obxectivo de protexer ós nenos.

Fases:
Selección de recursos:
-recursos de referencia na rede de atención
-distintos tipos de recursos (muller/infancia, públicos/privados, institucionales/no institucionales)
-Experiencia de persoas é institucións
Representación socioxeográfica (das catro provincias e do mundo rural e urbano)

Entrevistas: 27 entrevistas
Ámbito social 18

Ámbito xurídico 3
Ámbito político 6

Experiencia de nais maltratadas

Conclusións do informe
-O neno é unha vítima, tanto se recibe un maltrato como se presencia as agresións.
-A lei discriminou durante moitos anos ós nenos porque os olvidou.
-Dubídase de que os xuízos rápidos sean eficientes.
-Existen moitos recursos (educativos, políticos,etc) pero cada un traballa por separado.
-Faltan datos cuantitativos da problemática.
-Sempre é tarde, por que cando se actúa xa houbo un dano.
-Existe unha vitimización secundaria porque non existían medidas para o neno.
-Na Galicia rural é máis difícil que a problemática saia á luz. Estas situacións pódense considerar normais e os recursos están moi lonxanos. Ademais existe unha confusión dos roles, policía, educadores, etc.
-Desmotivación dos profesionais, debido a falta de recursos e de colaboración entre institucións.
-Conflito entre a seguridade e a reparación das víctimas.
-Precaridade.

-Recomendacións de mellora:
Coñecer e documentar a situación dos nenos e nenas
Garantir os dereitos dos nenos /as aplicando os recursos legais e sociais xa existentes.
Previr e detectar mediante información e formación
Fomentar o traballo en rede
Atender especificamente o rural galego
Aproveitar as novas tecnoloxías.


-Descarga do informe: www.igaxes.org




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova