Imprimir

PRETO DE CEN PERSOAS ASISTIRON NO CEI-NODUS A UNHA CONFERENCIA SOBRE ENERXÍA SOLAR FOTOVOLTAICA


23/11/2007 Preséntase como unha alternativa ás enerxías tradicionais

O Centro de Empresas de Innovación do Concello de Lugo organizou unha charla informativa sobre a enerxía solar fotovoltaica apoiando unha iniciativa dunha empresa do seu viviero: Tecgal. Preto de cen persoas citáronse no salón de actos do centro para orientarse sobre este tipo de enerxía alternativa.

O relatorio contou coa colaboración da Xunta de Galicia, a Asociación de Productores e Schüco, multinacional alemana con gran recoñecemento no sector das enerxías renovables.

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, apoiou desde a súa Concellería esta iniciativa, para dar a coñecer este unha enerxía que se presenta como alternativa ás enerxías tradicionais e comprometida co medio ambiente.

O representante da Consellería de Industria, Alberto Mena, explicou a lexislación para estas instalacións e animou ós asistentes a apostar por este tipo de enerxías, sempre seguindo todos os trámites legais.

Sara Cacabelos, en representación de Schüco, explicou a evolución da enerxía solar fotovoltaica en España e a súa situación respecto ós demáis paises europeos. Os expertos apuntan a que hoxe en día en España xa alcanzamos os obxectivos esperados para o 2010: estar conectados a únha rede con paneis fotovoltáicos de 371 MW.

O prazo para poder realizar instalacións que se acollan ás primas actuais será ata o vindeiro 29 de setembro do 2008.

A xerente de Tecgal Enerxías, Laura Aldariz Muinelo, relatou os pasos a dar para poñer en funcionamento unha instalación fotovoltaica de venda á rede, así como as posibilidades das instalacións.

Outro punto tratado no relatorio foi o Real Decreto 661/2007 que regula as instalacións fotovoltaicas, e no que se garante a venda da súa enerxía ao prezo de 0.44€ / Kwh coas correspondentes subidas do IPC-0.25% durante os primeiros 25 anos, e a partir de entón a 0,35 €/ Kwh.