Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde mantén a primeira xuntanza de traballo para traer a UNED á cidade


# Venres, 23/11/2007
O Vicerreitor da UNED na xuntanza explicou que xa hai orzamentos para a súa posta en marcha

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, mantivo hoxe a primeira xuntanza de traballo para a posta en marcha da UNED na provincia de Lugo.

Iste é o seguinte paso para facer realidade un proxecto plantexado polo Alcalde e que comezou a tomar forma co cambio de sino na Deputación Provincial de Lugo.

López Orozco destacou que se trata dun paso máis para acadar un soño moitas veces plantexado polo equipo de goberno lucense e que sempre contou co respaldo da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Agora co apoio da Deputación comeza a coller forma, “cando se traballa en coordenación, buscando obxectivos comúns, os soños convértense en realidade”.

O Alcalde destacou a necesidade de que esta xuntanza permita que se materialice a UNED para a provincia lucense “non dubidamos que será así porque temos un obxectivo común, que os veciños da provincia e os que non o sexan, teñan a a oportunidade de mellorar na súa formación e madurar en coñecemento. Esa é a materia prima que non se esgota nunca”.

O Alcalde quixo agradecer á Deputación Provincial “que recollese esta iniciativa con tanto entusiasmo”.

O vicerreitor da UNED adiantou ademais que no último Consello de Goberno da Universidade xa se fixou unha partida para dotar o futuro centro de Lugo, polo que o soporte tecnolóxico está xa presupostado e aprobado. Dixo tamén que as previsións apuntan a que terá arredor de 1.200 alumnos. O futuro centro da UNED en Lugo incorporará as aulas que xa existen en distintos puntos da provincia.

Na xuntanza estiveron presentes o Alcalde de Lugo, José López Orozco, o vicepresidente da Deputación provincial, Antón Bao, o Delegado da Consellería de Educación, Xoan Xosé Molina, o vicerreitor da UNED, José Luis Prieto Arroyo, os alcaldes de Monforte, Viveiro e Foz, e responsables educativos e sociais.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova