Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Goberno Local propón a entrada dos veciños no Consello Económico e Social de Lugo


# Venres, 23/11/2007
O Grupo de Goberno presentou o proxecto URBAN para a rexeneración económica e social do centro histórico ás forzas vivas da cidade

O Consello Económico e Social do Concello de Lugo aprobou a proposta do Goberno Local da entrada dos representantes veciñais no mesmo, tal e como o contempla a Ley das grandes Cidades. A representación das entidades veciñais no Consello será elexida polas asociacións e aprobada polo Pleno do Concello.

Deste xeito dáselle a posibilidade ós veciños e participar nun foro tan importante, nos que están representadas todas as forzas vivas da cidade. O Grupo de Goberno cumple deste modo co seu compromiso de fomentar a participación dos cidadáns na toma de decisións.

Nesta xuntanza tamén se presentou o proxecto URBAN Lugo a todos os membros do Consello: Cámara de Comercio, Confederación de Empresarios de Lugo, Universidade de Compostela, sindicatos, Caixa Galicia, Caixa Nova e os partidos con representación municipal.

O proxecto persegue a rexeneración económica e social do centro histórico a través dun programa integrado que implique un aproveitamento dos recursos propios da cidade, centrándose na rehabilitación, intervención en espazos públicos e a revitalización do comercio e do turismo dende unha perspectiva de sostenibilidade e participación cidadá.

A intervención física principal consiste na rehabilitación do antigo cárcere para dotar a Lugo dun cetro cultural de referencia. O edificio, que conserva no seu interior as características constructivas dos seus inicios, convertirase nun centro polivalente que integra distintos usos de carácter cultural.

Para desenvolver o Plan Urban no seu conxunto investiranse unha inversión total de 15 millóns de euros, sufragados polo Concello de Lugo e a Deputación Provincial a partes iguais e os Fondos Europeos - que aportarán 9 millóns de euros-.

Lugo nunca recibiu estas axudas polo que o equipo de goberno está a traballar intensamente na súa consecución, chegando, incluso, a telo prácticamente acabado cando o Ministerio de Economía non ten fixados todavía os prazos de solicitude das axudas.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova