Cargando....
Concello de Lugo
04/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Remata o ciclo de conferencias sobre a relación do ser humano coa morte organizado polo Concello de Lugo


# Martes, 27/11/2007
Unha psicóloga ofrecerá unha charla sobre estratexias para aceptar o feito da propia morte

A psicóloga-terapeuta Esther Viña Gundín será a encargada de impartir a conferencia titulada “Manexar construtivamente a morte” que se celebrará o día 28 de novembro ás 19:30 horas no Centro Social Uxío Novoneyra. O obxectivo desta charla é aportar unha reflexión sobre a mortalidade do ser humano e aportar estratexias que permitan perderlle o medo á morte, sen que este feito supoña un obstáculo para gozar da vida.

Con esta charla péchase o ciclo organizado pola Concellería de Servizos Xerais dentro do programa de novas iniciativas que está a desenvolver o Concello de Lugo no cemiterio municipal. Entre elas, destaca a organización de dúas charlas abertas a todo o público nas que acreditados profesionais do sector sanitario afondan en cuestións relacionadas co ser humano e a aceptación da propia morte e da dos seres queridos.

A primeira destas charlas, titulada “Coidados paliativos: necesidade para o home mortal”, tivo lugar no Centro Social Uxío Novoneyra, o pasado mércores 21 de novembro, e foi impartida por Jesús Giménez García, médico especialista en coidados paliativos. Este doutor realizou un percorrido sobre a relación do home coa morte ao longo da historia, prestando especial atención aos aspectos máis controvertidos dos coidados paliativos nos enfermos.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova