Cargando....
Concello de Lugo
25/09/22
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde inaugura xunto a membros da Corporación Municipal a rúa dedicada ao canónigo José Ferro


# Martes, 27/11/2007


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, inaugurou xunto a varios membros da Corporación Municipal a rúa dedicada ao canónigo lucense José Ferro. O acto tivo lugar este martes, día 27 de novembro, ás 13:00 horas e contou coa presenza de numerosos amigos, veciños e familiares do antigo párroco do Asilo de San Roque.

Eduardo Nuñez-Torrón, en representación da Cofradía do Cristo do Santo Perdón, ofreceu unha semblanza de José Ferro do que destacou a súa labor como párroco do Asilo de San Roque e como canónigo da catedral de Lugo. Ademais, recordou a súa aportación á Semana Santa lucense coa fundación da cofradía do Cristo do Santo Perdón en 1959 e as súas investigacións en música sacramental.

Núñez-Torrón felicitou á Corporación Municipal “xa que é un acerto dedicarlle esta rúa a José Ferro, precisamente ao lado de onde realizou durante tantos anos a súa labor pastoral”.

O alcalde pechou o acto lembrando o “carácter humano deste home que amosou coa súa forma de ser e o seu comportamento a solidez das súas crenzas”. Esta rúa peonil serve de acceso ás vivendas situadas na urbanización de Catasol.

Despois do descubrimento da placa co nome da rúa todos os asistentes confraternizaron nun pequeno ágape en memoria do canónigo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova