Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Consolidar as empresas de Lugo, novo obxectivo do Concello


# Mércores, 28/11/2007
A Concellería de Economía e Emprego revisará a situación das PEMES para axustalas ás novas habilidades de mercado

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e Braulio Vivas Moreno, o responsable de Programas de Empresa Familiar Creación e Consolidación de Pemes da Escola de Organización Industrial (EOI), presentaron o programa de Consolidación Empresarial terá lugar no CEI-NODUS.

O programa está dirixido a empresarios que desexen replantearse a súa empresa para axustarla ás novas necesidades do mercado e actualizar os seus coñecementos de xestión; en definitiva, que sinten a necesidade de involucrarse na formación contínua como medio de manter e mellorar a súa competencia profesional.

O obxectivo é proporcionar unha oportunidade ó empresario da pequena e mediana empresa de revisar a situación do seu negocio, partindo dun diagnóstico sistemático de cada unha das súas áreas funcionais, para poder reformular os seus obxectivos estratégicos á vista da nova situación revelada polo análise das condicións do novo entorno (sector, competencia, novas tecnologías, variacións da demanda…).

Estas nocións básicas permitirán ós empresarios elaborar un plan estratéxico de mellora introducindo os cambios que se revelen indispensables dentro das posibilidades razonables de cada unha das empresas. Ademais permitirán actualizar o coñecemento e mellorar as habilidades de dirección por parte do empresario e dos seus colaboradores máis directos en canto as posibilidades que brindan as modernas ferramentas de xestión ó alcance das PEMES.

Metodoloxía
O Programa articúlase en dous módulos:

O MÓDULO DE DIAGNÓSTICO.- Desenvólvese en dous marcos, un presencial (dúas sesións de dúas horas de duración) e outro de consultoría nas propias empresas dos participantes ás que se desplaza o profesor-consultor para evaluar a área da súa especialidade. Despois das visitas, cada especialista elabora un informe de diagnóstico e recomendacións que, finalmente, se lle fará chegar a cada participante a través do Director do Plan Estratégico.

O MÓDULO DE PLANIFICACIÓN ESTRATÉXICA corre a cargo do Director do Plan Estratéxico, quen se reúne con cada un dos participantes no programa nas súas empresas ós que vai orientando sucesivamente ó longo do curso sobre a elaboración do Plan Estratéxico que redactará o alumno.

Ó finalizar, con independencia de do plan, o propio director elabora un informe global con recomendacións en base ós datos e á información recollida por el mesmo nas consultorías, ó que engade os diagnósticos funcionais redactados polos profesores especialistas.

Programa
A. MÓDULO DE ANÁLISE E DIAGNÓSTICO 256 horas
- Situación comercial da empresa
- As finanzas; evaluación e recomendacións
- Situación fiscal
- Recursos Humanos
- Calidade e loxística
- Módulo opcional, necesidades

B.MÓDULO DE PLANIFICACIÓN ESTRATÉGICA 158 horas

- Total dirección e coordinación curso 86 horas
- Total horas curso 500 horas



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova