Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo presenta nun seminario internacional as iniciativas municipais en materia de educación


# Mércores, 28/11/2007
O seminario está organizado polo Consello escolar do estado do Ministerio de Educación

O Alcalde de Lugo, José López Orzoco, participou esta mañá en Madrid no seminario internacional “¿Educa la ciudad?” que organiza o Consello Escolar do estado pertencente ao Ministerio de Educación. A Ministra de Educación, Mercedes Cabrera, foi a responsable de inugurar a xornada, que conta coa participación de alcaldes de cidades como San Sebastián, Granollers, Jerez e representantes de Colombia, Valencia, Canarias ou Madrid, entre outros sitios.

López Orozco presentou ante o resto dos poñentes e dos asistentes as distintas iniciativas municipais desenvoltas polo Concello de Lugo en materia de educación.

López Orozco falou na mesa redonda titulada “Desarrollo urbanístico y ciudad educadora: modernidad y tradición” na que o acompañaron o Alcalde de Murcia, Miguel Ángel Cámara, e o Alcalde de Rivas Vaciamadrid, José Masa. O alcalde lugués explicou o compromiso do goberno co desenvolvemento en igualdad de todos os barrios en materia de benestar co fin de garantir unha calidade de vida óptima a todos os cidadáns con independencia da rúa na que vivan.

O mandatario municipal lucense destacou que Lugo forma parte da Asociación Internacional de Cidades Educadoras (AICE) desde o ano 2000, asumindo a educación como factor básico na evolución da cidade e desenvolvendo iniciativas e proxectos de cooperación que buscan investir na aprendizaxe individual de cada neno e nena dentro dun marco de convivencia e integración, seguindo a liña da Carta de Cidades Educadoras; aprobada no I Congreso Internacional de Cidades Educadoras.

Seguindo estas premisas, o Concello de Lugo garante á cidadanía o dereito a unha cidade educadora, por medio da transversalidade e coordinación entre departamentos da Administración Local, diversas administracións e a sociedade civil, tomando como exemplos a construción de dúas novas garderías municipais, dous novos comedores escolares xestionados pola Concellería de Educación para o presente curso escolar e a crecaión da Casa das linguas, un espazo onde a difusión e o fomento do coñecemento doutras linguas e culturas estimulen a tolerancia e o entendemento entre persoas de distintas orixes e culturas, promocionando a mobilidade académica e laboral dos mozos.

O Alcalde destacou que os programas educativos que se desenvolven desde o Concello de Lugo son o resultado dun traballo orientado a potenciar os factores educadores da cidade en todos os seus habitantes, como medio de resposta ás necesidades da poboación e ao mesmo tempo como canle de participación no proceso educador.

Como dato indocou que os CEIPs da cidade de Lugo contan con 2.300 alumnos en total, mentres que as Escolas Infantís acollen a 60 nenos de entre 3 meses e 3 anos de idade.

Un dos programas que salientou López Orozco é “Unha escola aberta” concebido polo Concello de Lugo para compatibilizar óptimamente o horario laboral dos pais e ofrecer aos nenos formacións complementarias. En todos os colexios desenvolvense actividades extraescolares gratuítas que abarcan desde danzas tradicionais, a deportes ou actividades artísticas que teñen unha media de 50 pequenos por actividade. Isto complétase coa apertura diaria dos polideportivos escolares entre as 19:00 e as 22:00 horas que contan cunha ocupación do 60% todos os días.

En materiade bolsas e axudas López Iorzoco explicou que existen tres liñas de actuación que se corresponden coas axudas para comprar material escolar (80 euros por alumno), cos proxectos de intercambios culturais con outras cidades do Eixo Atlántico a as subvencións ás dúas AMPAS que dirixen e xestionan comedores escolares. Desde a Concellería de educación estase a desenvolver tamén un programa de actividades formativas dirixidas aos profesores e aos pais nas que participan unha media de 150 profesionais ao ano e de 120 pais no curso.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova