Cargando....
Concello de Lugo
21/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

Unha empresa do CEI crea un sistema de calefacción que permite ós veciños aforrar un 50% de enerxía


# Mércores, 28/11/2007
Calor Verde está a ter unha gran acollida entre particulares e profesionais da construcción

O Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo propiciou a constitución dunha empresa que puxo en marcha un novo sistema de calefacción que permite aforrar ós usuarios entre un 30 e un 50% da enerxía que consume calquera sistema actual.

Calor Verde quenta dunha maneira totalmente diferente ós sistemas tradicionais. A patente da empresa lucense consiste nunha lixeira placa de calor que, conectada á rede eléctrica, emite unha determinada frecuencia de raios infravermellos que penetran na superficie dos obxectos quentándos. Non se quenta o aire, únicamente os corpos cos que entra en contacto directo que, ó mesmo tempo, dando calor ó ambiente dunha maneira sá e natural evitando os malos cheiros e eliminando as bacterias, xa que a súa nova tecnoloxía incorpora nanoprata e ión negativo (uns potentes bactericidas e estimulan as defensas do organismo).

As pracas son de potencia reducida (desde 290 a 866 watios) co que o gasto de enerxía é moi reducido e non é necesario incrementar a potencia eléctrica das vivendas.

Esta empresa creada no seo do CEI-NODUS cumple deste modo co Plan de acción 2005-2007 de aforro e eficiencia enerxética e co Plan de enerxías renovables 2005-2010 que vai incluir o novo Código Técnico de Edificación de España que implica un aforro do consumo enerxético entre un 30 e un 40 % e unha reducción de emisións de CO2 por consumo de enerxía dun 40-55%.

Para máis información chamar ó Gabinete de Comunicación do Concello 982 297 137 ou ó Centro de Empresas e Innovación 982 264 260.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova