Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A revista virtual Foeminas cumpre dous anos de existencia acadando máis de 85.000 lectores de todo o mundo


# Xoves, 29/11/2007


A revista virtual Foeminas, promovida pola Concellería de Muller e Benestar Social, cumpre dous anos de investigación, debate e intercambio na rede e por este motivo presenta un número de aniversario moi especial dedicado aos máis de 85.000 lectores que a seguen en todo o mundo.

Foeminas acadou un total de 86.391 persoas ao longo destes dous anos e xa se convertiu nun referente a nivel mundial das revistas virtuais de contido feminista, pois a orixe dos seus lectores abarca puntos xeográficos de todos os continentes.

De orixe español son 48.925 das visitas recibidas, seguidas das 17.238 de toda Sudamérica, neste caso os países que máis len Foeminas son México, Arxentina, Perú e Colombia. En Europa esta publicación virtual acumula 8.282 lectores de países como Alemaña, Italia, Polonia, Francia ou portugal, entre outros. Os restantes 11.946 internautas proveñen de puntos tan lonxanos como Xapón, Australia, Canadá, Estados Unidos, Israel, China ou Marrocos.

Neste número conmemorativo, Foeminas intenta reflexionar sobre o problema da violencia e a igualdade desde todos os sentidos posibles. Deste xeito, Foeminas busca aunar as orixes de todos os seus colaboradoes e lectores e continuar profundando no compromiso de facer unha revista de xéneros cuxo destino final sexa a igualdade.

No sumario deste número adiantase os seguintes temas:
-Historia de Abrandares está dedicada ás irmás Mirabal e á historia que vira en torno ao 25 de novembro.

-A Portada trae a súa habitual reflexión neste caso sobre esta data tan emblemática na que se celebra a Loita contra a Violencia de Xénero.


-Tamén presenta a reportaxe “Homes traballando pola non violencia” que narra a experiencia da manifestación de homes levada a cabo en Madrid e inclúe unha entrevista a Javier Covarrubias en representación do Grupo de Homes pola Igualdade de Xénero de Parla.

Ademais, publicase unha entrevista a Esperanza Gutiérrez García, que comenta sobre o produto Themis, unha tecnoloxía informática posta en función da eliminación do sexismo na linguaxe.

-Cristina Curral Soilán presenta o artigo denominado “As Marías Guerreiras din: Non máis bágoas?”.

-En Contemporánea fai a súa aparición a obra da primeira performancera de Foeminas María AA.

-Tamén publica a segunda entrega de Foeminas Panorámica con información moi útil á hora de ter unha mirada máis ampla do que está sucedendo ao noso ao redor.

-A Galería de Arte expón a obra de Sylvia Plachy, recoñecida fotógrafa contemporánea que mostra o seu traballo na Fundación Caixa Galicia en Lugo.

-Mullerciclopedia trae unha crítica do último disco de Mercés Peón escrita por Jose Lemur.

E para rematar, tamén se pode apreciar a tradicional sección de receitas de cociña e a nova experiencia dunha nova viaxeira.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova