Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo ofrece formación de mediador intercultural a 20 desempregados cunha previsión de inserción laboral do 35%


# Xoves, 29/11/2007
O obxectivo final do Programa EMERXE é lograr a integración da poboación inmigrante, minorías étnicas e persoas sen teito

Nos últimos anos a sociedade pasou dunha situación aparentemente mono-cultural a unha sociedade multicultural, polo que xurde a necesidade de novas figuras profesionais que se encarguen da mediación. Por iso a Concellería de Muller e Servizos Sociais, que dirixe Carmen Basadre, puxo en marcha o Programa experimental en materia de emprego EMERXE II para a formación de 20 mediadores interculturais.

O obxectivo final do proxecto é acadar unha integración da poboación inmigrante, das minorías étnicas e das persoas sen teito, para poder establecer un proxecto persoal e comunitario que poda constituir un sentido de vida e de pertenza na nova sociedade intercultural, pero sen perder a identidade nin as bases culturais de ningunha das partes.

Nesta integración será fundamental o labor dos mediadores culturais facilitando o diálogo e acomunicación entre os individuos reducindo os posibles conflictos.

O programa comezará o 11 de decembro e terá 450 horas de formación: 200 horas teóricas e 250 prácticas. O colectivo ó que vai dirixido o programa son desempregadas e desempregados do Concello de Lugo seleccionados a través do Servizo Público de Emprego. Unha vez rematada a súa formación prevese unha inserción laboral do 35% dos participantes.

Formación
Para a realización das labores de mediación na cidade de Lugo,os participantes no proxecto recibirán unha formación completa sobre ferramentas psicolóxicas, habilidades de comunicación, asertividade e capacidade empática para poder actuar, etc.

RELACIÓN DE MÓDULOS FORMATIVOS:

1.- Habilidades sociais.
2.- Convivencia intercultural.
3.- A medición.O mediador social-intercultural.
4.- Metodoloxía de intervención.
5.- Ámbitos da Mediación.
6.- Medicaión con inmigrantes.
7.- Mediación con minorías étnicas.
8.- Mediación con persoas sen teito.
9.- Recursos sociais e integración social.
10.- Igualdade de oportunidades.
11.- Formación e orientación laboral.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova