Cargando....
Concello de Lugo
04/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Ludus Party.net supera as expectativas de participación e arrincará coa presencia de 650 internautas de toda España


# Xoves, 29/11/2007
As solicitudes de inscrición superaron as 800

O Alcalde de Lugo presidirá a inauguración oficial este venres, 30 de novembro, ás 17:30 horas

O director de cine Coque Rioboó, premiado co Goya á mellor curtametraxe de animación, ofrecerá un taller de creación dixital


Cursos gratuítos de informática, torneos de videoxogos, proxeccións tridimensionais e moitas máis actividades completan unha intensa axenda

A segunda edición da Ludus Party.net pechou o seu prazo de inscrición superando con creces as expectativas de participación e cubríronse as 650 prazas ofertadas. Máis de 800 internautas de toda España solicitaron un posto nesta party que xa é un referente nos foros especializados.

Ludus Party.net arrincará este venres, día 30 de novembro, cunha intensa programación de actividades de entretemento e formación que durará máis de 50 horas ininterrumpidas. Lugo quenta motores para acoller a celebración desta feira tecnolóxica e pioneira na nosa provincia, que se celebrará os días 30 de novembro e 1 e 2 de decembro no recinto de Feiras e Exposicións da cidade baixo a organización do Concello de Lugo.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, será o encargado de inaugurar oficialmente a Ludus Party.net nun acto que terá lugar ás 17:30 horas. As portas desta festa tecnolóxica abrirán ás 15:00 horas para todos os internautas inscritos que poderán instalar os seus equipos e dar comezo á intensa actividade prevista.

A festa tecnolóxica tamén estará aberta de xeito gratuíto a todo o público desde esta hora ata as dez da noite.

Os participantes chegarán de puntos de toda España, ainda que na maior parte proveñen das catro provincias galegas, chegarán afeccionados á informática de Valencia, Barcelona, Madrid, Zaragoza, Asturias, León e varias cidades de Andalucía.

Programa de actividades

O programa de actividades abarca talleres de formación, competicións de xogos, intranet, ocio para o público en xeral como una pista de hielo, exhibición de robots ou cursos de internet e diversas sorpresas.

Tanto o público en xeral como os inscritos na party poderán participar en probas e optar a importantes premios tecnolóxicos.

A party contará con dúas partes ben diferenciadas:

A) Unha zona party para os internautas de toda España que estarán conectados ininterrumpidamente durante máis de 50 horas a unha rede de alta velocidade para poder levar a cabo as súas actividades favoritas. A inscrición ten un custo de 20 euros e inclúe a estancia durante os 3 días no recinto e o uso das instalacións. Ademais, desde o pasado 6 de novembro xa está aberta a intranet en www.ludusparty.net e celébranse torneos e encontros a través da rede.

Os participantes contarán con concursos e agasallos (como ordenadores portátiles, consolas, videoxogos ou material informático) específicamente deseñados para eles e outras actividades de entretenemento tecnolóxico. Disporán dunha saída a internet de 20Mbits/s e unha rede local a 100/1000Mbits/s con sistemas 3Com. Ademais, cada usuario terá a súa disposicion un posto asignado con dúas tomas electricas e unha toma de rede.

O Concello instalará varios servidores públicos cargados cos xogos máis innovadores e unha zona de consolas. Para o descanso gozarán dunha zona chill-out e un posto de distribución de alimentos e bebidas.

B) Feira tecnolóxica aberta a toda a cidadanía, baixo o nome Zona Conéctate, totalmente gratuíta. Este espazo ofrecerá formación e información sobre novas tecnologías e actividades gratuítas para nenos e maiores, entre as que destacan:

-Cursos rápidos de iniciación a informática, de introducción a Internet, de manexo do correo electrónico, e outros temas, todos eles coa base común de achegar ao usuario as novas tecnoloxías e o seu aproveitamento na vida cotiá.

-Exhibición de xogos e videoconsolas de última xeración con xogos actuais e novidosos, xa pensados para a campaña de Nadal que se aproxima, como por exemplo, o novo SuperMario Bross ou o HALO3, entre outros.

-Exhibicións de “overhaulin” e de “modding extremo” que consisten en transformacións radicais do ordenador para convertilo nunha máquina personalizada e cun maior rendemento.

-Exhibición e taller de robótica que amosará aos asistentes os fundamentos desta ciencia con demostracións de microrobots. Os participantes poderán construir os seus propios autómatas mecánicos. Ademais, o venres e o sábado o público terá a súa disposición un robot teledirixido que poderán conducir polo recinto á vez que transmite a unhas pantallas información do que sucede na party.

-Taller de decoración con vinilo impartido polo equipo de profesionais Future World que ensinarán aos asistentes a decorar os seus equipos infromáticos con logos e figuras realizadas en vinilo.

-Como na edición anterior, o público poderá patinar sobre a pista de xeo que se habilitará no recinto de Feiras e Exposicións e conducri nun circuíto de karts.

- Para os nostálxicos dos primeiros videoxogos o Concello instalará máquinas orixinais dos anos 80 cos videoxogos pioneiros como o Street-Figther 2. O sábado celebrarase un concurso con este xogo e o gañador recibirá como agasallo unha destas máquinas orixinais dos 80.

Cine e proxeccións tridimensionais

Neste centro xigante para o lecer e as novas tecnoloxías non podía faltar un espazo para o cine que vai a estar representado polo director cinematográfico Coque Rioboó que recibiu o premio Goya 2007 á mellor curtametraxe de animación pola obra “El viaje de Said”. Coque Rioboó ademais de ser director de cine é profesor de animación con plastilina na Escuela de Cinematografía da Comunidade de Madrid. Este creador ofrecerá un obradoiro no que achegará aos visitantes as técnicas máis innovadoras na animación cinematográfica, explicandolles como se realiza a animación con figuras fotograma a fotograma.

Ademais, o Concello de Lugo instalará unha zona de pantallas que acollerán a proxección das curtometraxes máis representativas das últimas tendencias en animación dixital.

Doutra banda, Caixa Galicia, que é colaboradora e patrocinadora do evento, terá un espazo no Recinto Ferial, cun Planetario desde o que se emitarán espectaculares proxeccións. Asimesmo, a Dirección Xeral de Comunicación Audiviosual da Xunta de Galicia instalará un stand con salas de proxeccións en 3D e realidade virtual.

Todos os interesados en recibir máis información sobre o programa de actividades poden consultar a web municipal www.lugo.es ou no teléfono 010.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova