Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo inaugura o I Encontro de Poesía Galega que se desenvolve en Lugo con motivo do VII Aniversario da muralla


# Xoves, 29/11/2007
López Orozco destacou a importancia da celebración deste encontro na cidade

O Alcalde de Lugo José López Orozco foi o encargado de inaugurar o I Encontro de poetas que ó longo dos días 29 e 30 ten lugar no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo. No acto estivo acompañado polo Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro e polo director do programa La Estación Azul que emitirá en directo as tres sesións nas que se divide o encontro.

O presidente da Deputación agradeceu ó Concello que permitise ó organismo provincial contribuir a este acto cedendo o espazo do Salón de Actos “é importante para nós, queremos continuar sumando esforzos e agradecemos ó Concello que pensase na Deputación”.

López Orozco, salientou a calidade dos poetas que participan neste acto, “representan só a unha parte dos moitos homes e mulleres extraordinarios que hai en Galicia. Temos que ir preparando o II Encontro”. O Alcalde, destacou a importancia que ten un encontro destas características, que se emite en directo a través dun medio de comunicación público e para toda España, para dar a coñecer a obra dos escritores galegos “son persoas capaces de expresar os sentimentos do ser humano, o máis difícil de comunicar. Queremos que todos saiban que aquí hai un país que soña, imaxina e ama”.

O Alcalde e o Presidente da Deputación remataron as súas intervencións recitando un poema de Rosalía de Castro e de Lorenzo Varela respectivamente. López Orozco agasallou a todos os poetas participantes no encontro cun exemplar do libro Poetas en Lugo editado recentemente polo Concello


O Encontro comezou oficialmente coa interpretación musical do cantautor lucense Fran Pérez.

Esta iniciativa reunirá en Lugo preto de 20 poetas galegos de recoñecido prestixio e con obras en galego e castelán difundidas dentro e fóra da comunidade galega. Este acto enmárcase nas actividades de conmemoración do VII Aniversario da proclamación da muralla como Patrimonio da Humanidade, organizadas polo Concello.

Poetas da primeira sesión
YOLANDA CASTAÑO: Poetisa santiaguesa que se deu a coñecer, na adolescencia, a través dunha serie de premios de poesía menores ata que, grazas ó Premio Fermín Bouza Brey 1994, publicou o seu primeiro libro, Elevar as pálpebras (1995), contando só 17 anos. Seguíulle Delicia (1998), e máis tarde Vivimos no ciclo das Erofanías (1998), que recibiu o Premio da Crítica Española 1998.

A súa última publicación, O libro da egoísta (2003), que xa vai pola 2ª edición, estivo de número un en ventas de libro galego durante varias semanas, colleitando ademáis moi boas críticas.

Ten colaborado con numerosas revistas e publicacións periódicas.

Algunhas das súa obras foron traducidas ó castelán, catalán, inglés, francés, alemán, ruso e árabe.

MARÍA DO CEBREIRO: É unha das poetas galegas máis recoñecidas da actualidade.

En 1998 viu a luz o seu primeiro libro de poemas O estadio do espello. Seguírono (nós, as inadaptadas) (2002, accésit do XXI Premio Esquío de Poesía en Língua Galega), Non queres que o poema te coñeza (2004, galardoado co II Premio Caixanova 2003 de Poesía), O barrio das chinesas (2005) e Os hemisferios (2006).


No ano 2005 publica As terceiras mulleres, ensaio trazado ao redor da nova maneira de entender a representación da subxectividade feminina e a creación artística feita por mulleres.

Algunhas das súas obras: O estadio do espello (Xerais, 1998), Nós, as inadaptadas (accésit do XXI Premio Esquío de poesía en lingua galega; Sociedade de cultura Valle-Inclán, 2002),Non queres que o poema te coñeza (gañador do II Premio Caixanova de Poesía 2003; P.E.N. Clube de Galicia 2004), O barrio das Chinesas (O Correo Galego, 2005), Os hemisferios (Galaxia, 2006).
SUSO PENSADO: Naceu en Arteixo en 1971. Recibiu o III premio Uxío Novoneyra de poesía, en 2004 polo seu libro A Tarde (Espiral Maior, 2005).
Obras: Le Volume de l?Absence, Xulio L. Valcárcel (tradutor ao francés), A Tarde, Campo de Marte, de X.L. Valcárcel (tradutor ao español), Cantos, de Giacomo Leopardi (tradutor ao galego), El volumen de la ausencia, de X.L. Valcárcel (tradutor ao español), Le Feu Blanc, de X.M. Álvarez Cáccamo (tradutor ao francés), Les planches courbes, de Yves Bonnefoy (tradutor ao español), O Barco Ebrio, de Arthur Rimbaud (tradutor ao galego), Os Alimentos Terrestres, de André Gide (tradutor ao galego), Serodio Amor, de Emilio Coco (tradutor).

LUZ POZO GARZA: Poetisa galega e membro da Real Academia Galega.

É unha voz ilustre na nosa poesía desde a publicación do seu primeiro poemario en galego, O paxaro na boca (1952), que inaugurou a colección Xistral.

Obra:A bordo de "Barco sin luces" (ou o mundo poético de Luís Pimentel), A semente aquecida da palabra, Álvaro Cunqueiro e "Herba aquí ou acolá", Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000, As arpas de Iwerddon, Códice calixtino, Concerto de outono, Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once escritoras galegas, Diálogos con Rosalía, Galicia ferida: a visión de Luis Seoane, Historias fidelísimas: poesía selecta 1952-2003,I Festival de Poesía no Condado, Medea en Corinto, Memoria solar, Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra.

CLAUDIO RODRÍGUEZ FER: Naceu en Lugo no 1956. Foi catedrático de ensinanza media en Galicia e profesor das Universidades da Cidade de Nova York, da Alta Bretaña en Rennes e de Santiago de Compostela, onde actualmente é director da Cátedra Valente de Poesía e Estética e da revista de investigación Moenia.

Coordina con Carmen Blanco Unión Libre. Cadernos de vida e culturas, e promoveu a Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo. Así mesmo, dirixiu diversos congresos e encontros e participou en dúcias de actas, enciclopedias e revistas europeas e americanas.

Entre outros recoñecementos, no campo da poesía, recibiu o Premio Nacional da Crítica por Tigres de ternura; no campo da investigación, por dúas veces o Premio Losada Diéguez, concretamente por Poesía galega e por A literatura galega durante a guerra civil, e, no campo académico, o Premio Extraordinario de Doutoramento.

Foi traducido a numerosos idiomas e foi obxecto de tres libros: Por un vocabulario galego do sexo. A terminoloxía erótica de Claudio Rodríguez Fer (1996) e O lume vital de Claudio Rodríguez Fer (1998), de Olga Novo, e Os mundos de Claudio Rodríguez Fer (1998) de Natalia Regueiro.

Poesía:Poemas de amor sen morte (1979),Tigres de ternura (1981) , Cinepoemas (1983),Historia da lúa (1984),A boca violeta (1987), Lugo blues (1987),Vulva (1990), Cebra (1991), A muller núa (1992), Extrema Europa (1996), A unha muller descoñecida (1997), Rastros de vida e poesía (2000), Moito máis que mil anos (2000), A vida. Gravados sobre corpo (2002), A loita continúa (2004).




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova