Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A VI edición da carreira popular Lugo Monumental apoiará o nomeamento de patrimonio da humanidade á Torre de Hércules


# Xoves, 29/11/2007
A proba disputarase o 16 de decembro e o prazo para inscribirse estará aberto entre o 1 e o 12 de decembro

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto ao Delegado Provincial de Innovación e Industria, Ramón Cortés, o Director de Publicidad de El Progreso, Luis Barrio, e o representante de Coca-Cola, José María Murado, a VI edición da carreira popular Lugo Monumental.

Esta proba terá lugar o domingo 16 de decembro e xa cumpla a súa sexta edición “xa consolidada no ranking de carreiras galegas e moi ben valorada polos participantes, incluso por enrriba de probas máis antigas que esta”, tal e como indicou o edil. Esta é unha das carreiras máis concurridas da cidade e de toda Galicia, pois “ademais dos máis de mil atletas que participan habitualmente nas probas de Corre con nós, acuden atletas doutros puntos de Galicia e de fóra da comunidade”, engadiu o edil.

O edil destacou que na saída da proba absoluta os atletas portarán unha pancarta de apoio do Concello de Lugo e de todos os atletas de Galicia ao nomeamento da Torre de Hércules como patrimonio da humanidade “aproveitando que a maior parte da carreira transcorre preto da Muralla de Lugo e que ese día contaremos coa presencia de moitos atletas coruñeses a intención e sumarnos a ese chamamento co ánimo de que ese nomemamento prospere”.

Como é tradicional celebrarase o domingo anterior ao Nadal e arrincará a por categorías a partir das 11:00 horas, abrindo a carreira os máis pequenos. A carreira absoluta comezará ás 12:00 horas. Aproveitando o tramo peonil da Ronda da Muralla, a saída instalarase neste punto en sentido a rúa Vilalba “coas vantaxes que supón non ter que pechar ningunha rúa ata que comece a carreira”, destacou Díaz Grandío.

O prazo de inscrición permanecerá aberto desde o 1 ata o 12 de decembro ás 20:00 horas e pode formalizase a través das páxinas web www.lugo.es, www.elprogreso.es, e www.campionchipnorte.com ou ben persoalmente nas oficinas da Concellería de Deportes, do diario El progreso, nas dúas piscinas municipales ou na tenda Asport21 a partir do luns, día 3 de decembro.

Como en anos anteriores, os participantes poderán recoller os dorsais e os chips na carpa que instalará a organización na Praza de Anxo fernández Gómez o sábado 15 de decembro de 17:00 a 20:30 horas e o domingo de 9:00 a 10:30 horas.

Os participantes optarán a premios como 1 lacón galego para os calsificados nos postos 600, 700, 800, 900 e 1000; vales monetarios para compra de material deportivo; medallas para os primeiros clasificados e para todos aqueles que crucen a meta.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova