Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Praza de Abastos acollerá a campaña ¿Árbores do Nadal, de volta á terra¿ que fomenta o replantado destas árbores


# Luns, 10/12/2007
Por terceiro ano consecutivo desenvólvese esta iniciativa para fomentar a protección dos bosques e previr a tala

O Concello de Lugo, a Sociedade Protectora de Animais e Prantas e Calfensa desenvolverán por terceiro ano consecutivo a campaña “Árbores do Nadal, devolta á terra”, unha iniciativa destinada a protexer as prantas típicas do nadal, como o acivro e o abeto e evitar a súa tala indiscriminada. Na Praza de Abastos, que acollerá esta campaña os días 11, 12, 15 e 18 de decembro, instalarase un posto de venda de piñeiros, abetos, e acivros.

Estas árbores, que creceron en invernadero, venderanse ao prezo de mercado e, unha vez que rematen as festas, a persoa que as devolva para o seu replantado recibirá cinco euros e un agasallo especial pola súa colaboración.

Esta campaña foi presentada pola Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, e o presidente da Sociedade Protectora de Animais e Prantas, Javier García Calleja. Ambos coincidiron en salientar que esta iniciativa ten a función de evitar a tala de árbores nos montes e deste xeito contribuir á protección dos bosques galegos.

Segundo explicaron, unha vez pasadas estas festas, as árbores en bo estado poderán devolverse nas oficinas da empresa Calfensa.

Javier García Calleja destacou o feito de que despois dos incendios do pasado verán e a perda de máis flora pola tala indiscriminada, “con esta campaña téntase evitar precisamente ese costume, que representa todos os anos un atentado contra o medio ambiente”.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova