Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Comeza en Lugo a III Mostra de Teatro Especial de Galicia


# Luns, 10/12/2007
Entre as novidades desta edición destacan obradoiros de dirección, dramaturxia e teatro xestual

Lugo acolle dende mañá, martes 11 de decembro, a segunda edición da Mostra de Teatro Especial de Galicia, que organiza a Fundación Anade e coa que colabora o Concello de Lugo.

Esta convocatoria foi presentada hoxe pola Concelleira de Educación, María Dolores Vieiro; a delegada de Vicepresidencia, Branca Rodríguez Pazos, a representante en Galicia da Fundación Anade, Ángeles Fernández Mayra, e a Relacións Públicas de Coca Cola, María Sande, empresa patrocinadora do evento.

Esta mostra terá lugar os días 11,12 e 13 de decembro no Auditorio Gustavo Freire, ás 11:45 da mañá, onde se desenvolverán as seguintes representacións:

•Martes: O grupo Pinchacarneiro, de Lugo, interpretará Pic Nic.

•Mércores: O grupo Na Lúa, de A Coruña, presentará no Auditorio Grandullón, o xigante abusón.

•Xoves: O grupo Alquimistes, de Barcelona, representará Romeo y Julieta; un amor sin barreras.

Ademais destas representacións, o martes ás 18:00 horas, a praza Maior será o esceario improvisado da representación El trotamundos, a cargo do grupo El Arquetú, de Segovia, e o mércores será, a mesma hora, o grupo Mimo Lalo o que represente na praza Maior El pueblerino.

Por primeira vez, a aportación realizada polo Concello de Lugo, máis de 9.000 euros, permitiu a realización dunha serie de talleres no marco da mostra. O 13 de decembro, ás 18:00 horas terá lugar um taller de teatro xestual a cargo de Olga Mata, Licenciada na RESAD de Madrid, o mércores ás 16:00 horas Jesús Asensi, profesor da RESAD de Madrid, estará a cargo dun taller de dirección, e Fernando Domenech, profesor da RESAD, ofrecerá un taller de dramaturxia. Todos os obradoiros terán lugar no Centro Social Uxío Novoneyra.

A práctica da Mostra de Teatro realízase como unha campaña de teatro dirixida ós centros educativos de Lugo. Ás representacións, gratuítas, está prevista a asistencia de 3.000 alumnos lucenses, de Infantil e Primaria.

Anade

A Fundación Anade é unha asociación sen ánimo de lucro que pretende a integración sociolaboral das persoas con discapacidades psíquicas. Fai tres anos que este grupo conta cunha delegación en Galicia, con sé en Lugo, na que se está a formar un grupo de teatro dirixido por José Colmenero e por unha monitora de teatro.

A finalidade que se persegue é a formación destas persoas, todas maiores de 18 anos, para que poidan lograr a súa independencia económica nesta empresa.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova