Cargando....
Concello de Lugo
17/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A columna do bimilenario e da igrexa de San Froilán estrean iluminación


# Martes, 11/12/2007
O orzamento da obra supera os 98.000 euros, aportados a partes iguais polo Concello de Lugo, o Ministerio de Idustria, Turismo e Comercio e a Xunta de Galicia

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, o Subdelegado do Goberno en Lugo, Jesús Otero, o Delegado da Consellería de Innovación e Industria, Ramón Cortés, o xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Rodríguez Eguibar e o vicepresidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, Jacobo García-Bobadilla, asistiron á inauguración da iluminación ornamental instalada en dous monumentos da cidade con gran proxección turística, como son a Igrexa de San Froilán e a Columna do Bimilenario.

A comitiva partiu da Casa do Concello para visitar en primeiro lugar a columna corintia conmemorativa do bimilenario, situada na Praza de Santo Domingo e logo dirixirse á igrexa de San Froilán, na Praza do Ferrol para supervisar en cada monumento o primeiro encendido destas luces ornamentais.

Na materialización deste traballo, desenvolto no marco do Plan de Excelencia Turística da cidade, colaboraron co Concello de Lugo, a Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, a Secretaría Xeral de Turismo do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, e a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo. Neste senso destaca o amplo consenso entre as institucións colaborantes que rodeou esta intervención que servirá para potenciar ainda máis a beleza destes monumentos da cidade.

Para a realización destas obras de iluminación monumental destinouse unha partida de 98.218 euros aportados a partes iguais polo Concello de Lugo, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Industria Turismo e Comercio.

Coa instalación do sistema de iluminación o Concello de Lugo persegue a posta en valor de ambos monumentos, destacando co xogo de luces e sombras os rasgos arquitectónicos que os fan únicos e diferentes a calqueira outros.

Para a columna conmemorativa do bimilenario instalaronse oito puntos de luz para os que se empregaron 254 metros de rede e suman un total de 628 watios de potencia. O sistema de iluminación componse de catro lámpadas Led de 36 watios e outras catro lámpadas de tipo CDM-T. Este modelo consiste en haloxenoros cerámicos que proxectan unha luz moi limpia e clara que respecta en máis do 86% a cor e a textura natural da pedra do monumento. Con isto se evita desvirtuar a beleza do obxecto alumeado e poténciase a súa beleza.

Ademais, debido á forma alongada e estreita do monumento as luces deben cumprir unhas características técnicas moi específicas xa que teñen que proxectar faces de luz dirixidos a puntos moi concretos polo que se escolleu este tipo de haloxenoros que ao ser cerámicos proxectan finos raios de luz e evitan a súa dispersión co conseguinte aproveitamento enerxético. As lámpadas están distribuídas no contorno da base da columna. O consumo anual será de 1.318 kilovatios-hora e suporá un custo de 141 euros ao ano.

Na igrexa de San Froilán empregáronse 1.456 metros de rede para levar a cabo a instalación de 52 puntos lumínicos que suman 3.424 watios de potencia en total. Para o alumeado ornamental deste monumento escolléronse tres tipos distintos de halóxenos: HC (de 35, 70 e 150 watios), NAP 150 e FI 36 que crearán un conxunto de luces de distinta intensidade para establecer un xogo de claros e sombras dramático que resalte os volumes e as formas da obra arquitectónica.

Os 52 focos lumínicos están distribuídos pola base do edificio e en distintos puntos estratéxicos do monumento para potenciar as partes máis significativas da igrexa. Estas lámpadas proxectan unhas luces claras e limpias que respectan ao máximo a cor dos materiais e non desvirtúan a súa beleza. O consumo enerxético será de 8.307 kilovatios-hora ao ano e suporá un custo anual de 824 euros.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova