Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O patronato do CETAL aproba a elaboración do anteproxecto do edificio da súa sede en Lugo


# Mércores, 12/12/2007
A unanimidade e a cordialidade caracterizou o desenvolvemento da xuntanza

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presidiu a xuntanza do patronato do Centro Tecnolóxico e Agroalimentario de Lugo (CETAL).

O Alcalde indicou que a unanimidade e a cordialidade, así como o apoio de todos os patróns caracterizou o tratamento dos puntos da orde do día.

Nesta xuntanza o patronato aprobou de modo urxente a elaboración dun anteproxecto do edificio no que estará ubicada a sede do CETAL en Lugo, na parcela que para este fin cedeu o Concello de Lugo na urbanización SUR-K (ó carón do Centro de Artes Aplicadas Ramón Falcón). O Alcalde afirmou que “queremos que sexa un edificio emblemático pero que non sexa só paredes e despachos, senón que tan pronto esté construído empece a funcionar e a servir ó sector agrogandeiro non só de Galicia, senón ó conxunto de España, como é a súa vocación”.

Ademáis aprobouse a modificación do artigo 17 dos estatutos do CETAL, polo que a partir de agora as actas serán firmadas polo secretario baixo a aprobación da presidenta.

Por outra banda, o Alcalde indicou que se está a facer unha preselección de currículos para o nomeamento do profesional que se encargará da dirección xeral do CETAL. O Alcalde indicou que “para o nomeamento deste cargo tan importante haberá unha nova reunión do padroado”.

Nesta xuntanza deuse conta tamén a inscripción do CETAL no rexistro de fundacións do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e ó mesmo tempo acordouse a súa próxima inscripción no rexistro de centros tecnolóxicos de España.

O Alcalde afirmou que o ritmo de traballo e a coordinación entre todos os patróns do CETAL facilitará un extraordinario servizo ó conxunto do sector.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova