Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello organiza unha charla orientada a empresarios para analizar a Lei de Garantías


# Mércores, 12/12/2007
Esta conferencia encádrase no programa de actividades organizado pola OMIC

Este xoves, 13 de decembro, continúa o programa de actividades deseñado pola Oficina Municipal de Información ao Consumidor para os meses de novembro e decembro deste ano. Unha charla impartida polo Secretario Xeral da Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL), Miguel López Crespo, analizará a Lei de Garantías. Esta conferencia vai orientada a empresarios e celebrarase no Salón de Actos da CEL a partir das 20:00 horas.

Estas actividades organízanse dacordo coa política do Concello de fomentar o consumo responsable entre os lucenses e para actualizar os seus coñecementos nesta materia, achegándolles as últimas novas e reformas en normativas relacionadas co ámbito do consumidor.

Todos os xoves de novembro e decembro expertos profesionais están a impartir charlas para empresarios, cidadás e nenos sobre distintos temas de gran interese para o consumidor. As conferencias agrúpanse en tres campos segundo os seus destinatarios: consumidores, empresarios e nenos.

No ciclo para consumidores ocelebráronse catro charlas relacionadas coa telefonía, coas compras do Nadal, coa enerxía eléctrica e coas sucesións en Galicia, que son temas nos que os cidadás teñen moitas dúbidas e que acumulan gran cantidade de reclamacións como é o caso da telefonía móbil.

Charlas para empresarios

Para os empresarios o Concello de Lugo programa esta conferencia sobre a Lei de Garantía de Bens de Consumo e unha mesa redonda sobre a Arbitraxe de Consumo. A primeira destas actividades terá lugar este xoves, 13 de decembro, ás 20:00 horas no Salón de Actos da Cel e será impartida polo Secretario Xeral da Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL), Miguel López Crespo.

A mesa redonda sobre Arbitraxe de Consumo contará coa participación de representantes do Instituto Galego de Consumo, de Comercio e de Asociacións de Consumidores. Terá lugar o 20 de decembro ás 20:00 horas no Salón de Actos da Cel.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova