Imprimir

O ALCALDE DE LUGO INAUGURA UNHA XORNADA SOBRE SOFTWARE LIBRE


13/12/2007 A cita, que pon fin ó proxecto Lugo Dixital, contou con máis de 80 asistentes

O Concello de Lugo nunha nova aposta por achegar as novas tecnoloxías aos cidadáns lucenses organizou unha xornada para difundir entre os lucenses que é o software libre, as súas aplicacións e as súas vantaxes con respecto ao software privativo.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado polo Subdelegado do Goberno en Lugo, Jesús Otero, e a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, inaugurou esta cita que pecha o proxecto Lugo Dixital que se veu desenvolvendo desde o ano 2005.

Esta acción formativa gratuíta desenvolveuse nas instalacións do CEI e contou cun máis de 80 participantes. Nesta actividade participaron todos os sectores implicados no desenvolvemento do software libre como son os seus creadores e os usuarios ó contar coa representación das princiapais asociacións de empresarios usuarios de software libre e as tres universidades galegas.

Ademáis, a ubicación elexida para a celebración das xornadas, remarca, aínda máis, o compromiso do Goberno Local de ampliar as funcións do dentro e dinamizalo de xeito que esté aberto a todos os lucenses.

Evolución da xornada
A xornada comenzou ás 9:30 horas cunha charla impartida por Juan Antonio Añel, reperesentante do Grupo de Usuarios de Linux de Ourense e España. Durante 45 minutos achegou a súa visión do software libre e as licenzas libres. No segundo relatorio, Borja López, un experto analista de software libre e membro de AGASOL (Asociación galega de software libre) que analizou a situación do software libre nas empresas galegas.

A charla estrela da xornada, estivo protagonizada por Enrique Sierra, ex Radio Futura e creador do portal 127.es, que falou sobre “A revolución do creador” e presentou esta plataforma libre e gratuíta na que se recollen as últimas tendencias artísticas e da vangarda creativa.

O encargado de pechar a xornada foi Luís Gago González, profesor da USC que explicou as experiencias sobre o software libre na USC.

Para completar a formación os participantes asistiron a un obradoiro práctico no que os participantes puideron comprobar por si mesmos as aplicacións e as vantaxes do software libre.

Xa pola tarde, os expertos em Linux, Óscar Amor e Francisco Javier Tsao Santín, impartiron unas talleres prácticos sobre a instalación de sistemas GNU/Linux, Debian, Ubuntu e Gentoo e sobre a súa utilización. .


O software libre
O software libre é por definición o software que, unha vez obtido, pode ser usado, copiado, estudado, modificado e redistribuído libremente, polo tanto isto supón un beneficio para usuarios particulares e empresas, de que forma? ... é a gran pregunta, pois conseguindo unha independencia da necesidade de licenzas (polo tanto, de custos) e sabendo que detrás de moitos dos proxectos de software libre atópase unha comunidade que coopera para a súa mellora e difusión, noutros casos, como é en concreto do paquete de ofimática openoffice, brinde a posibilidade de ter documentos (de texto, de cálculo ou de diapositivas) en formatos abertos de tal forma que se eliminan tamén as barreiras da dependencia dunha empresa con software privativo.

Vantanxes do Software Libre
1. Económico (máis de mil millóns de euros en licenzas de Microsoft en España anuais)
2. Liberdade de uso e redistribución
3. Independencia tecnolóxica
4. Fomento da libre competencia ao basearse en servizos e non licencias
5. Soporte e compatibilidade a longo prazo
6. Formatos estándar
7.Sistemas sen portas traseiras e máis seguros
8. Corrección mais rápida e eficiente de fallos
9.Métodos simples e unificados de xestión de software
10.Sistema en expansión


Vantaxes do Software privativo
1. Propiedade e decisión de uso do software por parte da empresa
2. Mellor acabado da maioría de aplicacións ... aínda que isto é unha das cousas que máis está cambiando.
3. O lecer para computadores persoais está destinado ao mercado propietario
4. Menor necesidade de técnicos especializados xa que ata agora é o que máis existiu
5. Mellor protección das obras con copyright

O software libre non é sinónimo de gratuidade, aínda que moitas veces está dispoñible gratuitamente, ou a prezo do custo da distribución a través doutros medios.

Lugo Dixital
Remata un proxecto, pero o Concello de Lugo continuará desenvolvendo novos programas en materia de novas tecnoloxías para seguir sendo unha Cidade Dixital.

Lugo Dixital dispuxo dun orzamento de 1.550.000 euros e no seu marco desenvolveuse: o proxecto Abred, as edicións do programa formativo Conéctate en Lugo, o estudo da tarxeta cidadana, a construción da Aula Multimedia de O Castiñeiro ou a creación dunha plataforma de portais do Concello de Lugo, entre outras accións.

O Concello de Lugo nunha nova aposta por achegar as novas tecnoloxías aos cidadáns lucenses organiza esta xornada para difundir entre a poboación en xeral e os empresarios que é o software libre, as súas aplicacións e as súas vantaxes con respecto ao software privativo.