Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Constituíse o quinto Goberno Infantil da cidade


# Xoves, 13/12/2007
O mandato durará ata finais do curso escolar

Este xoves, 12 de decembro, constituíuse o quinto Goberno Infantil da cidade en presencia da maior parte da Corporación Municipal e o Alcalde de Lugo. Os vintecinco rapaces tomaron posesión e xuraron os seus cargos de concelleiras e concelleiros nun acto que tivo lugar no Salón de Plenos da Casa Consistorial ás 12:00 horas.

A nova Corporación Infantil está formada por vintecinco nenos e nenas de 5º e 6º de primaria de seis colexios e do centro Aspnais. Sabela Brand García, do CEIP Menéndez Pelayo, foi investida Alcaldesa Infantil e Purificación Daniel Cora Latas ostentará a primeira tenencía de Alcaldía.

O Goberno componse de oito áreas de traballo que son urbanismo, cultura e educación, medioambiente, benestar social, deportes, tráfico e protección á comunidade, cidade rural e desenvolvemento xuvenil.

A Corporación Infantil quedou constituída do seguinte xeito:

ALCALDESA Sabela Brand García (CEIP Menéndez Pelayo)

CONCELLEIRO DE URBANISMO E 1º TENENTE DE ALCALDE Purificación Daniel Cora Latas (Colexio Fingoy)

CONCELLEIRO DE CULTURA E EDUCACIÓN E 2º TENENTE DE ALCALDE Gabriel Pérez dos Reis (Colexio Virxe da Soidade)

CONCELLEIRA DE MEDIO AMBIENTE Carla Rodriguez Piñeiro (CEIP Quiroga Ballesteros)

CONCELLEIRA DE BENESTAR SOCIAL Carmen Soto Pardo-Gil (ColeXio Galén)

CONCELLEIRO DE DEPORTES Henrique Fernández Martínez (Colexio Galén)

CONCELLEIRO DE TRÁFICO E PROTECCIÓN DA COMUNIDADE David Maseda Neira (Colexio Rosalía de Castro)

CONCELLEIRO DE CIDADE RURAL Daniel Pérez Murado (Colexio Menéndez Pelayo)

CONCELLEIRA DE DESENVOLVEMENTO XUVENIL Sara Folgueira Fernández (Colexio Rosalía de Castro)

CONCELLEIROS E CONCELLEIRAS

Alberto Fernández Blanco (Colexio Fingoy)
Nuno Múñoz Seijas (Colexio Fingoy)
Carmen Rodríguez Losada (Colexio Fingoy)
Carmen Pérez Pena (Colexio Fingoy)

Lorena Fonteboa Carricova (Colexio Virxe da Soidade)

Juan Tojo Vellé (Colexio Quiroga Ballesteros)
Javier de la Torre García (Colexio Quiroga Ballesteros)
Manuel Sánchez Arroyo (Colexio Quiroga Ballesteros)

Paloma Valín Villanueva (Colexio Galén)

María Losada Burgo (Colexio Rosalía de Castro)
Yelco Rodríguez Mñendez (Colexio Rosalía de Castro)
David López de la Fuente (Colexio Rosalía de Castro)
Adrián Figueroa Veiga (Colexio Menéndez Pleayo)
Andrea López Hermo (Colexio Menéndez Pelayo)

Javier Iglesias López (ASPNAIS)
Mª Carmen Pereiro González (ASPNAIS)

O acto de constitución da nova corporación infantil comezou coa formación da Mesa de Idade integrada polos ediles de maior e menor idade que son Andrea López Hermo e Nuno Múñoz Seijas, respectivamente. De seguido cada un dos vintecinco novos concelleiros tomaron posesión do cargo e xuraron lealdade á constitución. O Alcalde de Lugo, José López Orozco foi o responsable de tomarlles o xuramento e de investilos coa medalla da Corporación.


Por último, José López Orozco entregoulle o bastón de mando á Alcaldesa Infantil que tras xurar o seu cargo explicou emocionada que “sinto unha gran satisfacción por presidir este quinto goberno infantil que fará todos os esforzos necesarios para cumprir coas nosas obrigas e continuar desenvolvendo propostas para mellorar a calidade de vida dos lucenses, ao igual que fixeron os anteriores compañeiros”.

José López Orozco felicitou aos vintecinco integrantes do quinto goberno infantil e lembroulles que “esta tarefa non é un xogos, xa que sodes os representantes dos nenos de toda a cidade e asumides a responsabilidade de indicar as prioridades para a cidade. Pola nosa banda, o goberno municipal tentará cumprir con todas aquelas propostas que poidamos tal e como fixemos cos anteriores gobernos”, dixo.

Lembroulles tamén que con cada proxecto hai que pensar que hai que destinar cartos, “polo que hai que administrar ben xa que os diñeiro non medra”.

O pasado martes, 11 de decembro a Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, mantivo unha xuntanza cos vintecinco rapaces e os seus profesores durante a que se peresntaron os traballos elaborados por cada unha das clases sobre as distintas áreas establecidas. Os propios nenos foron os responsables de avaliar as propostas. Como resultado das puntuacións obtidas sairon elexidos os distintos concelleiros e a alcaldesa.

Nesta reunión distribuíronse as competencias e Dolores Vieiro foi a encargada de explicarlles aos rapaces a dinámica do seu traballo como concelleiros ao longo do vindeiro curso.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova