Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Preto de 900 persoas participaron no programa de Animación á Lectura e Contacontos organizado polo Concello


# Xoves, 13/12/2007
Esta iniciativa municipal está orientada a fomentar o hábito da lectura e promocionar a Biblioteca Municipal

A segunda edición do programa de Animación á Lectura e Contacontos remata este xoves, 13 de decembro, cunha sesión de animación á lectura a cargo de Matapiollos baixo o título “Contos de Nadal e algo máis…” que acolle a Biblioteca Municipal a partir das 19:00 horas.

Este programa, organizado pola Concellería de Cultura e Turismo, está orientado a fomentar o hábito da lectura entre os máis pequenos e promocionar a utilización da Biblioteca Municipal por parte dos máis cativos e cumplir así cos compromisos do goberno municipal para que se convirta nun centro cultural de referencia na cidade.

A segunda fase desta iniciativa comezou o pasado 18 de outubro e acolleu tres sesións de animación á lectura e catro de contacontos que se celebraron na Biblioteca Municipal. Este programa estreouse o pasado mes de marzo de 2007 e foi acollido cun notable éxito entre os pais e os pequenos.

Nesta segunda edición a participación media en cada sesión aumentou notablemente rexistrándose unha asistencia de entre 80 e 90 rapaces e pais. Aorredor de 900 peroas participaron nesta edición do programa de animación á lectura. Estas actividades deseñáronse pensando en ofrecer aos lucenses un tempo de lecer en familia e están abertas a avós, pais e fillos que participaron conxuntamente nas sesións. Aínda que están dirixidas a nenos de entre 3 e 12 anos de idade, achegáronse pais con bebés de meses.

Un dos feitos que anima ao Concello de Lugo a continuar co programa é que, tanto os nenos como os pais, unha vez que descobren a biblioteca non se quedan só ás sesións de contacontos senón que na maioría dos casos fanse socios, acostuman a retirar libros periodicamente e fan uso habitual das salas de lectura.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova