Imprimir

O CONCELLO DE LUGO ORGANIZA TRES CURSOS PARA ACHEGAR OS DESEMPREGADOS Ó MERCADO LABORAL


14/12/2007 As accións formativas desenvólvense no marco do proxecto Lugo, Cidade Próxima

O luns comezan novas accións formativas enmarcadas dentro do Proxecto Lugo, Cidade Próxima financiado polo Fondo Social Europeo e desenvolvido pola Concellería de Economía e Emprego do Concello de Lugo, que dirixe Sonia Méndez.

Este proxecto consta dun itinerario formativo formado por talleres de habilidades sociais, habilidades laborais, busca de emprego e novas tecnoloxías así como da acción formativa en si mesma, co obxectivo de acadar unha formación o mais integral posible.

A segunda fase do proxecto céntrase na intermediación laboral, onde por medio da orientación laboral e o contacto aberto con as empresas no Concello, téntase achegar os beneficiarios ó mercado laboral, na busca do obxectivo principal e final do proxecto: a inserción laboral destes beneficiarios.

Todavía quedan prazas vacantes para asistira ás novas accións formativas, que se desenvolverán en horario de mañá, e que se integran en dous itinerarios A e B:

ITINERARIO A:

Criterios de participación:
Mulleres desempregadas en xeral.
Desempregados de longa duración.
Desempregados maiores de 45 anos.
Desempregados de longa duración.

A acción que pertencen a este itinerario é:

- Monitor apoio escolar: Conta con 15 prazas e unha duración de 350 horas. O seu obxectivo é capacitar para o exercicio das funcións que lle son propias: coñecemento do desenvolvemento infantil e xuvenil, deseño, execución e avaliación de actividades educativas, adquisición e aplicación de recursos técnicos, traballo en equipo, e en xeral, todo o necesario para unha intervención educativa.

ITINERARIO B:

Está destinado a inmigrantes, minorías étnicas, discapacitados, exdrogodependentes, exreclusos, mulleres víctimas de violencia domestica e persoas que se atopen noutras situacións de exclusión social.

As accións que pertencen a este itinerario son:

-Traballador/a forestal: Cun total de 15 prazas e 340 horas. Persegue a correca realización das actividades de reforestación, mantemento e explotación de montes, vixilancia e control de espacios naturais e prevención e extinción de incendios, respectando as normativas vixentes de protección do medio natural e seguridade e hixiene no traballo.

- Xardineiro:

Ten 15 prazas e unha duración de 530 horas.O obxectivo realizar de maneira autónoma e precisa a preparación do terreo, as implantacións de elementos vexetais, as labores de mantemento de xardíns, céspedes prantas de interior; utilizando as técnicas e os medios manuais e mecánicos apropiados, respectando as normativas vixentes sobre seguridade e hixiene, protección do usuario e do medio ambiente.

Os interesados en asistir poden recoller os de impresos na Escola de Emprego na Avenida da Coruña 177, na Oficina de Desenvolvemento Local da Praza Maior e informarse no teléfono 982 297 361 ou no número de atención teléfónica do Concello 010.