Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O XVIII Certame de relatos curtos Trapero Pardo xa ten gañadores


# Venres, 14/12/2007
O acto de entrega de premios tera lugar na Casa do Concello o próximo mércores 19 de decembro

O xurado do Certame de contos e relatos curtos Trapero Pardo, convocada pola Concellería de Educación que dirixe María Dolores Vieiro, reuniuse o pasado mércores, 12 de decembro, para seleccionar ós gañadores da súa XVIII edición. Os organizadores do certame literario destacaron o aumento da participación na convocatoria deste ano, o triple que en edicións anteriores, e a calidade das obras presentadas polos rapaces.

Entre os traballos presentados na categoría de 12 a 14 anos resultou elexida como gañadora a obra Cantos de serea de Brais Lamela Gómez do IES Lasanta Silva de Vilalva. O segundo premio foi para María Elena López González do CPR Nosa Señora da Asunción coa obra De onde vés?, e o terceiro premio foi para Miriam Díaz Hortas, alumna do IES Ánxel Fole que presentou ó concurso o seu relato Lisbeth.

Na categoría de 15 a 18 anos a gañadora foi Lucía Barrera López alumna do IES Perdouro de Burela coa obra Un mal fado na vida. Nerea Pallares coa obra Maldita bendición e Yolanda Briones Areán, coa obra Coma un conto obtiveron o segundo e o terceiro premio respectivamente.

Entre os gañadores do primeiro grupo repartiranse premios valorados en 360 euros, ademais de lotes de libros, diplomas e medallas. No segundo grupo a cuantía dos premios a repartir será de 500 euros. O acto de entrega premios terá lugar no Salón de Plenos do Concello de Lugo o vindeiro mércores 19 de decembro ás 12:30 horas.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova